ALCALDÍA
O alcalde recibe a directiva da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple
O alcalde de Santiago recibiu este mediodía no Pazo de Raxoi a directiva da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple. A xuntanza, na que tamén participaron os concelleiros de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e de Políticas Sociais, Concha Fernández, serviu para que o Goberno compostelán coñecera de primeira man as necesidades e as actividades que leva a cabo ACEM.
MOBILIDADE
Unha xornada lúdica ao redor da bicicleta pecha este domingo a Semana da Mobilidade
A celebración en Santiago de Compostela da Semana Europea da Mobilidade complétase este domingo 27 coa celebración na Alameda dunha xornada lúdica ao redor da bicicleta. Os detalles do programa presentáronos en rolda de prensa Jorge Duarte, concelleiro de Espazos Cidadáns e Mobilidade, e Faustino Gómez, presidente da Asociación Cívica Composcleta.
ACCIÓN CULTURAL
Vinte anos de encontro entre Compostela e o teatro de monicreques no Festival Galicreques
O Festival Internacional de Títeres Galicreques celebra o seu 20 aniversario neste 2015. Vinte anos de encontro entre a cidade de Santiago e o teatro de monicreques nunha cita xa imprescindible no inicio do outono compostelán. Máis de vinte compañías procedentes de diversos sitios de América e Europa, entre eles de diversos puntos do Estado español como Valencia, Cataluña, Euskadi, Castela A Mancha e, por suposto, Galicia, daranse cita do 26 de setembro ao 4 de outubro en varios espazos: Teatro Principal, Fundación SGAE,...
ACCIÓN CULTURAL E RELACIÓNS VECIÑAIS
Nova cita co programa "Imos ao baile"
Este sábado 26 de setembro celebrarase no Centro Sociocultural José Saramago, en Vite, unha nova entrega do programa Imos ao baile, organizado polos departamentos de Acción Cultural e de Relacións Veciñais.
CONSORCIO
Dous músicos noveis galegos tocarán como solistas coa Real Filharmonía xunto con outros mozos de Rusia, Bielorrusia e Holanda
O V Festival Internacional Peregrinos Musicais, cuxa finalidade é apoiar a novos talentos galegos, clausúrase este venres, 25 de setembro, cun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG). A orquestra, dirixida nesta ocasión polo seu director asociado, o mestre compostelán Maximino Zumalave, acompañará a músicos noveis de Galicia, Rusia, Bielorrusia e Holanda. A cita terá lugar ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
Os alcaldes de Santiago e Brión exploran novas vías de colaboración
O alcalde de Santiago recibiu hoxe ao seu homólogo en Brión, dentro da ronda de contactos que vén mantendo nas últimas semanas cos alcaldes da comarca compostelá. Martiño Noriega e José Luis García abordaron algunhas preocupacións comúns, que teñen que ver co mal funcionamento do transporte metropolitano ou cos servizos de emerxencias.
TURISMO
Os concellos de Santiago de Compostela e da Coruña analizan os mapas de rutas dos aeroportos de Lavacolla e Peinador
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reuniuse onte pola tarde co concelleiro de Emprego e Economía Social de A Coruña, Alberto Lema, para analizar a situación dos aeroportos de Lavacolla e Alvedro. A xuntanza celebrouse no Pazo de María Pita, e nela tamén participou o edil compostelán de Medio Rural, Rafael Peña, membro do Consello de Administración de Incolsa e coñecedor da terminal compostelá e das súas dinámicas.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O concelleiro de Educación reuniuse coa ANPA do CEIP As Fontiñas
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manolo Dios, mantivo unha xuntanza coa ANPA do CEIP As Fontiñas tras a súa reunión do pasado mércores na Coruña co xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia.
CONVIVENCIA
O Concello de Santiago anima os nenos e nenas a ir andando ao colexio
A Policía Local de Santiago quere que os nenos e nenas vaian camiñando aos seus colexios, e poidan facelo de forma segura. Por iso, vén de poñer en marcha o proxecto Colecamiños, unha experiencia pioneira en Compostela que inclúe diversas actividades, e que se desenvolverá inicialmente no CEIP Pío XII.
MOCIDADE E POLÍTICAS SOCIAIS
Compostela acollerá o I Congreso Galego de Cultura Urbana os días 26 e 27 de setembro
As concelleiras de Xuventude, Noa Morales, e de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentaron o I Congreso Galego de Cultura Urbana: Xeración Hip Hop, que terá lugar en Santiago esta fin de semana. O Centro Don Bosco acolle as actividades, que inclúen conferencias, relatos de experiencias, mesas redondas, mostras e un Café-Work. Os talleres terán lugar o sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e o domingo de 11:00 a 14:00 horas. O proxecto está organizado pola Asociación Vella Escola coa...