XUNTA DE GOBERNO
O Concello destinará 3 millóns de euros ao paquete de medidas para a reactivación económica da cidade tras a crise sanitaria
A Xunta de Goberno Local abordou na súa sesión ordinaria deste luns un borrador das medidas que porá en marcha o Concello para a reactivación económica da cidade tras a crise sanitaria do COVID-19. Este mesmo mes de abril activaranse as primeiras accións deste paquete de medidas, destinadas a comerciantes, autónomos e pequenas empresas. O orzamento total para estes programas será duns tres millóns de euros.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais imparte un curso de Especialización Instrumental dirixido a estudantes de grao medio ou superior
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2020-2021. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.
TURISMO
Turismo de Santiago lanza o vídeo "Ultreia" para animar a quedar na casa durante a crise sanitaria
Turismo de Santiago acaba de lanzar un vídeo na súa páxina web e nas súas redes sociais co que pretende animar os/as cidadáns/ás a quedarse na casa durante o período de restrición de movementos motivado pola situación sanitaria do Covid-19.
SERVIZOS
O Concello recomenda non facer uso das fontes públicas como prevención fronte ao COVID-19
O Concello de Santiago vai colocar carteis informativos nas fontes públicas recomendando que non se usen estas para beber en prevención do COVID-19 mentres dure a crise sanitaria.
CONSORCIO
Máis de 200 publicacións enchen as seis bibliotecas que edita o Consorcio
O Consorcio de Santiago leva editadas 208 publicacións dende a súa creación no ano 1992. A área editorial está composta por seis bibliotecas: científica (63), de divulgación xacobea (60), literaria (39), infantil e xuvenil (25), facsimilar (11) e de imaxes (10).
FACENDA
Este luns entra en vigor o orzamento xeral do Concello de Santiago, publicado hoxe no BOP
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o anuncio de aprobación definitiva do orzamento xeral do Concello de Santiago de Compostela e do cadro de persoal para o exercicio 2020. Son, en total, 116.975.595,33 euros da entidade local; aos que hai que sumar 2.606.277,65 euros do Auditorio de Galicia; e os 3.124.240,35 de Incolsa (Turismo de Santiago); e 3.721.220,76 euros da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, TUSSA. Este orzamento entrará en vigor o próximo luns, día 6 de abril.
XUNTA DE GOBERNO
O alcalde agarda que se flexibilice a regra de uso do superávit para destinalo tamén á creación de emprego e á recuperación da actividade económica
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aproveitou a súa rolda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno Local extraordinaria desta mañá para expresar o seu desexo de que o Goberno do Estado flexibilice a regra de utilización do superávit para que este poida ser destinado tamén á creación de emprego e á rexeneración da actividade económica.
CONSORCIO
A obra de adecuación da ala sur de San Domingos de Bonaval párase debido á situación de alerta sanitaria
A obra de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego, promovida e dirixida polo Consorcio de Santiago, xa leva varios meses en marcha. Esta semana tiveron que deterse as obras debido ao novo decreto que obriga a paralizar todas as actividades non esenciais.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello convida o tecido empresarial a remitir as súas dúbidas e consultas ao Servizo de Apoio á Empresa
Dende o inicio da crise sanitaria do Covid-19, a web do CERSIA Empresa está reunindo nun espazo tanto a lexislación que vai saíndo e que afecta á regulación da actividade económica como as medidas de apoio que se van poñendo en marcha. Por iso, o Concello de Santiago convida o tecido empresarial de Compostela a consultar este espazo web, e tamén a.../a>
TURISMO
O aeroporto de Santiago pasa a denominarse oficialmente "Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro"
O BOE deste 2 de abril publica o cambio oficial do nome do aeroporto de Santiago, que a partir deste momento pasa a denominarse oficialmente "Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro". O Aeroporto de Santiago, declarado de interese xeral do Estado, é un aeroporto civil aberto ao tráfico internacional.