EDUCACIÓN

"Obradoiro do tempo", unha maneira distinta de coñecer a cidade

15/05/2006

"Santiago de Compostela: obradoiro do tempo" é o título da iniciativa que, dentro do programa "Vivir Compostela" pretende dar a coñecer aos máis novos os recursos da súa cidade dende unha visión arqueolóxica e pedagóxica. Un total de 833 rapaces participarán nestes percorridos, que se desenvolverán ata o mes de xuño.

Ler máis

AUGAS

As obras da nova depuradora estarán en marcha en 2007

14/05/2006

As obras de reparación dos colectores e da nova depuradora de augas residuais de Santiago estarán en marcha o vindeiro ano, segundo anunciou a ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, trala súa reunión co alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, na Casa do Concello. Estas actuacións suporán un investimento de 88 millóns de euros.

Ler máis

URBANISMO

Entregadas as últimas vivendas no SUNP 2 de Salgueiriños

13/05/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto á conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, visitaron o SUNP 2 de Salgueiriños. Alí mantiveron un encontro cos veciños e percorreron as novas rúas. De seguido, entregaron as chaves das novas vivendas aos últimos propietarios.

Ler máis

TRANSPORTES

Pulo definitivo ao Plan de Transporte Metropolitano

12/05/2006

A posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano para a área de Santiago está cada vez máis preto, tralo convenio asinado entre os alcaldes de Santiago, Ames, Boqueixón, Brión, Oroso, Teo, Val do Dubra e Vedra coa conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, María José Caride. Este convenio establece unha importante mellora da oferta de transporte público nesta área de influencia, con novos itinerarios, unha política tarifaria e a renovación de infraestruturas e...

Ler máis

PREMIOS

Teresa Moure, Álvaro Pombo e Melania Mazzucco recolleron os premios San Clemente

12/05/2006

O instituto Rosalía de Castro acolleu a entrega dos premios San Clemente. Nesta décimo primeira edición os galardoados foron: Teresa Moure, por A xeira das árbores, na categoría de novela galega; Álvaro Pombo, por Una ventana al norte, no apartado de novela en castelán, e Melania Mazzucco por Vita, na categoría de novela en lingua estranxeira traducida ao castelán ou ao galego.

Ler máis

CULTURA

Xornadas da francofonía en Santiago de Compostela

12/05/2006

A Concellaría de Cultura colabora nas primeiras Xornadas da francofonía en Santiago de Compostela, que se celebrarán os días 15 e 16 de maio na Aula de Cultura de Caixa Galicia. O programa do evento, iniciativa da Embaixada de Francia en España, inclúe diversas actividades de carácter académico, cultural e lúdico.

Ler máis

EXPOVIVENDA

Mostra do mercado inmobiliario en Amio

12/05/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez asistiu xunto ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, á inauguración de "Expovivenda 2006". Esta mostra do mercado inmobiliaro acolle a case 130 expositores, do 12 ao 14 de maio, no recinto feiral de Amio.

Ler máis

EDUCACIÓN

O futuro da formación profesional debátese en Santiago

11/05/2006

O alcalde compostelán participou na inauguración do I Congreso Internacional de Formación Profesional, que se celebra no Palacio de Congresos ata o 12 de maio. Sánchez Bugallo acompañou neste acto ó presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e aos conselleiros de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e de Traballo, Ricardo Varela.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

O Concello favorece a inserción social do pobo xitano

11/05/2006

Os servizos sociais do Concello están a traballar en varios proxectos de intervención social integral para a atención, prevención da marxinación e inserción do pobo xitano. Estes programas foron presentados pola concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira e por dúas traballadoras sociais, Inma Peleteiro e Sandra Ferreño.

Ler máis
Compartir: