MOCIDADE

A Alameda acollerá a carpa do programa "Xuventude, moito que dicir"

23/10/2006

Unha carpa de 300 metros cadrados acollerá do 7 ao 27 de novembro a exposición itinerante do programa "Xuventude, moito que dicir", da Fundación La Caixa. Un convenio de colaboración desta entidade co Concello permitirá traer a Compostela esta iniciativa, dirixida a recoñecer e potenciar o papel activo dos mozos e mozas na sociedade.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Os responsables do proxecto Equal Compostela Social reúnense en Polonia cos seus socios transnacionais

23/10/2006

Os responsables do proxecto Equal Compostela Social veñen de participar en Polonia nunha nova reunión transnacional, na que tiveron ocasión de compartir experiencias e liñas de traballo en común con outros proxectos, tanto da propia Polonia coma de Italia e Grecia. Todos estes proxectos comparten intereses comúns, xa que desenvolven iniciativas encamiñadas á inserción laboral de colectivos con dificultades para introducirse no mundo do traballo. Na viaxe participaron dúas das titoras do proxecto, así como a...

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello ratifica o seu compromiso en prol dos enfermos de Alzheimer

23/10/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á presidenta da Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), María Isabel Gey Pérez. A xuntanza serviu para reafirmar o compromiso do Concello santiagués en prol destes enfermos, que xa se concretou hai dez días coa sinatura dun convenio.

Ler máis

CURTAMETRAXES

CurtoCircuíto’06 pecha outra exitosa edición coa entrega dos seus premios

22/10/2006

Os gañadores de CurtoCircuíto’06 recibiron os seus premios nunha gala final celebrada no Teatro Principal. No evento, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deuse a coñecer o nome dos filmes agraciados nas categorías a concurso. Así, "Medianeras", de Gustavo Tareto, gañou na categoría de ficción; "Valle Paraíso", de Eduardo Martín, na de animación; "Nach dem fall", de Marcel Wyss, na de documental; e "Dark room", de Bart Wasen, na de...

Ler máis

FILM COMISSION

Nace unha nova guía de Compostela imprescindible para a produción audiovisual

21/10/2006

Duascentas sesenta páxinas de información documental e gráfica sobre todo tipo de localizacións e para todo tipo de producións audiovisuais é o contido da "Guía de Localizacións e da Produción Audiovisual de Santiago de Compostela", presentada nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos e presidido polo alcalde compostelán. A publicación será distribuída en todo o sector audiovisual, tanto en España como no resto do mundo.

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela reúne aos máximos expertos europeos en valoración inmobiliaria

20/10/2006

Celébrase o "Seminario sobre modelos de valoración automatizada de bens inmobles con fins catastrais". Por este motivo están en Compostela os principais expertos europeos na materia. O evento organízao a Dirección Xeral do Catastro, cuxos responsables foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Ler máis
Compartir: