EMIGRACIÓN

Teresa Regúlez falou de regularizacións co ministro de Relacións Exteriores de Uruguai

25/09/2006

Na terceira e última xornada da súa visita a Uruguai, a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, reuniuse co ministro de Relacións Exteriores deste país, Reinaldo Gargano. Na xuntanza falouse de regularizacións e, en concreto, dos formularios presentados voluntariamente, pero fóra de prazo, por cidadáns uruguaios para a regularización da súa situación en España.

Ler máis

CULTURA

"El florido pensil" regresa a Compostela sete anos despois

25/09/2006

O segundo semestre de Teatro en Xira 2006 ábrese coa representación de "El florido pensil", de Andrés Sopeña, a cargo da compañía vasca Tanttaka Teatroa. Despois de pasar xa en 1999, volve a Santiago esta obra, que xa leva 10 anos en cartel e que en febreiro deste ano abriu unha nova etapa. A cita é o martes 26 e o mércores 27, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello pon a disposición de Fomento os terreos para o cuarto xiro de Cornes

25/09/2006

Os terreos para a construción do chamado cuarto xiro de Cornes estarán en breve a disposición do Ministerio de Fomento, trala aprobación da cesión dos mesmos pola Xunta de Goberno local. Esta actuación aliviará a confluencia do tráfico na rotonda de Galuresa e posibilitará que os vehículos procedentes de Ourense poidan circular cara Conxo sen necesidade de circular pola Pontepedriña. O xiro dende a SC-II (Cornes-Castiñeiro) cara o novo acceso a Santiago da SC-20 (Cornes-Choupana), ten un custo estimado en 2,5...

Ler máis

ALCALDÍA

Recoñecemento ao ciclismo compostelán

23/09/2006

Xusto antes de que se celebre o Día da Bicicleta, o domingo 24, pasaron por Raxoi algúns dos principais promotores deste deporte na cidade. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo recibiu ao recente gañador da Volta a Portugal, o santiagués David Blanco; ao campión de España cadete de fondo en estrada, Pedro Macía; e aos integrantes do Club Ciclista Mobles Compostela.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Rocha homenaxeou a Luciano García Alén

23/09/2006

A pesar da intensa choiva, o barrio da Rocha Vella rendeulle unha sentida homenaxe a un dos seus veciños, Luciano García Alén, e á súa dona, María García Ayuso. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, uniuse a este recoñecemento e descubriu unha escultura de Xosé Méndez Pérez (Xexu) sobre o "Conto do Castelo da Rocha", creado polo homenaxeado.

Ler máis

FACENDA

Os propietarios de case 71.000 inmobles están chamados a pagar o IBI

22/09/2006

Vén de iniciarse o período voluntario de cobro das débedas tributarias correspondentes aos padróns do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE). O concelleiro de Facenda, Xaquín Fernández Leiceaga presentou esta campaña de pagamento, cuxo prazo rematará o 20 de novembro. Un total de 70.976 inmobles están chamados a tributar.

Ler máis
Compartir: