XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno inicia a licitación das obras de renovación do céspede e do peche perimetral do campo de fútbol das Cancelas
Nunha sesión extraordinaria celebrada este xoves, a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente e abriu o procedemento para adxudicar as obras de renovación do campo de fútbol das Cancelas. Tamén iniciou os trámites para adxudicar a rehabilitación enerxética de diversos inmobles municipais.
ALCALDÍA
Visita institucional ao CiMUS, que traballa na busca dunha vacina fronte a Covid-19
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou este xoves nunha visita ao Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), xunto co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da USC, Antonio López. Exerceron de guías o director e subdirectora deste centro singular da USC, Carlos Diéguez e Mabel Loza.
PLENO
O Concello de Santiago aproba unha declaración institucional con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIA
Na sesión ordinaria do Pleno celebrada este xoves, a Corporación aprobou por unha declaración institucional con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIA. Tamén se deu o visto bo á adhesión de Santiago de Compostela á Rede de Entidades Locais para a Axenda 2030, impulsada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
MEDIO RURAL E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Publicadas as listaxes de admitidos/as e de agarda de "Verán no rural"
A Concellaría de Medio Rural vén de publicar as listaxes definitivas de admitidos/as e de agarda do programa Verán no rural, unha vez realizado o sorteo para aqueles centros socioculturais nos que había máis solicitudes que prazas dispoñibles (15 por cada centro). Este foi o caso de cinco dos seis locais nos que se realizará o programa (A Gracia, Figueiras, Lavacolla, Marrozos e Nemenzo), mentres que noutro, o de Villestro, acordouse aceptar as 16 solicitudes.
TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade lanza o seu segundo vídeo de promoción turística para o mercado nacional
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade lanza hoxe o segundo vídeo da campaña de promoción turística dirixida ao mercado nacional. "Estámoste esperando" é o lema do vídeo producido por Readmore Films e que convida a redescubrir 15 cidades españolas con séculos de historia que este verán potencian o seu atractivo con novas medidas de seguridade e múltiples experiencias para gozar dos seus monumentos, dos seus eventos culturais, dos seus espazos naturais, da súa gastronomía e do seu...
MOBILIDADE
O Recinto Feiral de Amio acolle ata o domingo a sexta edición do Salón do Vehículo de Ocasión
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, inaugurará oficialmente mañá venres, ás 10:30 horas, a sexta edición do Salón do Vehículo de Ocasión en Santiago de Compostela, que se celebra no Recinto Feiral de Amio do 25 ao 28 de xuño.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede municipal Kaleidos, da que forma parte Santiago, traballa activamente para xestionar a era post COVID-19
A rede de concellos Kaleidos, da que forma parte Santiago de Compostela, está a traballar en oito propostas concretas para xestionar, tanto a situación actual como as súas consecuencias. Dende a rede consideran que se non se actúa inmediata e responsablemente e con visión estratéxica, a explosión social e económica pode ser moi grave. Neste contexto, os concellos actúan como axentes de reactivación da vida cidadá.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música ofrece un ciclo de concertos de verán coas súas formacións instrumentais
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou este martes o Ciclo de Música de Cámara da Rúa, un programa de 11 concertos da Banda Municipal de Música que se estenderán ata o 16 de xullo. Na rolda de prensa tamén participou o director da formación, Casiano Mouriño.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Desvélanse as regueifas gañadoras na IV edición do certame "Enreguéifate"
Xa se coñecen as regueifas gañadoras da IV edición do certame Enreguéifate, un proxecto organizado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. As 11 regueifas gañadoras foron seleccionadas entre os 27 vídeos presentados a concurso, 16 na categoría escolar e 11 na xeral.
IGUALDADE
Compostela Diversa mostra con diversas accións o compromiso da cidade coa realidade LGTBI
Compostela Diversa retoma a súa andaina neste ano 2020 para facer de Santiago un referente da diversidade sexual e de xénero en Galicia, apostando por accións globais e inclusivas que axuden a avanzar na consecución dos dereitos, a visibilidade e a normalización da vida de todo o colectivo. Con motivo da celebración este domingo 28 do Día Internacional do Orgullo LGTBI, preparáronse varias accións, que foron presentada este martes pola concelleira de Igualdade, Noa Díaz.