XUNTA DE GOBERNO
A praza do Matadoiro será obxecto dun proxecto pioneiro en Galicia para o soterramento de instalacións de servizos
A praza do Matadoiro, que será sometida a un proceso de reurbanización unha vez sexa derrubada a Casa da Xuventude, será tamén o lugar onde se acometa un proxecto piloto de soterramento integral de instalacións de servizos. A Xunta de Goberno encomendou ao Consorcio de Santiago a elaboración e posta en marcha deste proxecto.
XUNTA DE GOBERNO
Ábrese o prazo de renovación das concesións de uso das hortas municipais das Fontiñas
Rematado o prazo das concesións das hortas municipais de Fontiñas outorgadas en 2013, a Xunta de Goberno acordou abrir un prazo de dez días hábiles para a presentación de solicitude de renovación destas concesións, do 16 ao 26 de marzo.
ALCALDÍA
O Concello recoñecerá este domingo a traxectoria profesional e humana de Dorinda Pedreira, Esperanza Castro e Ruth Gómez
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, fixo públicos os nomes das tres mulleres que serán homenaxeadas polo Concello de Santiago o vindeiro domingo, 8 de marzo, con motivo da celebración do Día Mundial da Muller: Dorinda Pedreira Santiso, Esperanza Castro García e Ruth Gómez Vázquez.
CULTURA
"Pedro e o lobo", pola Banda Municipal e Fantoches Baj, no ciclo Infantil & Familiar
Este 7 de marzo, ás 18:30 horas, a Banda Municipal presentará no Auditorio de Galicia xunto a compañía de monicreques Fantoches Baj a adaptación en galego do clásico e popular conto Pedro e o lobo, de Serguéi Prokófiev. Será dentro do ciclo Infantil & Familiar e con este concerto a Banda Municipal remata o seu ciclo de inverno e empraza a todo o seu público, para o próximo domingo 22 de marzo, ao primeiro concerto do ciclo de primavera.
CULTURA
Teatro, música e humor na programación cultural para esta fin de semana
A programación cultural para esta fin de semana ofrece música, teatro e humor con eventos de distintos ciclos. Sábado teremos teatro do Bono de Teatro Galego con Psicópata na Zona C e Juntos y separados do ciclo Teatro 2015 no Auditorio Abanca; e cita con Falabaratos, que nos trae ao Teatro Principal o Cómicamente de Alex Clavero, Sara Escudero e David Amor. Domingo, nova función de Psicópata na Zona C e concerto de Eli "Paperboy" Reed Trío na Sala Capitol dentro do ciclo Sons’15.
EDUCACIÓN
Concerto da Banda e do Conxunto de Música Tradicional da Escola Municipal de Música
Este domingo 8 de marzo, ás 13:00 horas, na praza do Toural, terá lugar a primeira entrega do Ciclo de Concertos das Agrupacións Instrumentais da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, Música na Cidade. Neste concerto, enmarcado nos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller, participarán a Banda (integrada por máis de 35 alumnos/as) e o Conxunto de Música Tradicional (formado por 15 músicos).
ALCALDÍA
Hernández presenta Santiago Suma, un plan de medidas sociais para que "ningunha familia da cidade careza dunha prestación para atender as necesidades básicas"
O alcalde de Santiago presentou o novo catálogo de recursos sociais para os veciños e veciñas de Santiago, co obxectivo de atender aos colectivos mais vulnerables da nosa cidade. Tal como explicou Agustín Hernández, trátase dunha "estratexia integral de atención dirixida aos colectivos máis desfavorecidos", con recursos e medidas sociais para que "ningunha familia da cidade careza dunha prestación para atender as necesidades básicas".
EDUCACIÓN
Remata o prazo de presentación de traballos ao VIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
Este venres, 6 de marzo, remata o prazo de presentación dos traballos do VIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado pola Concellería de Educación e Kalandraka e que conta cunha dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O fallo do xurado coñecerase en abril, coincidindo co mes de libro e durante a Campaña Municipal de Animación á Lectura.
XUVENTUDE
Os tres gañadores da segunda edición do Certame SantiAutor terán a oportunidade de telonear a Fredi Leis, Rozalén ou Marwan
As concellerías de Xuventude e de Cultura colaboran no II Certame SantiAutor para artistas noveis, organizado en colaboración coa Sala Sónar. O certame terá as súas finais os días 11 e 12 de mes de marzo, a partir das 21:30 horas, na Sala Sónar.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
Nova cita co programa "Imos ao baile" na Casa das Asociacións de Cornes
Este sábado 7 de marzo hai unha nova cita co programa "Imos ao baile". Será na Casa das Asociacións de Cornes entre as 17:00 e as 20:00 horas.