SEGURIDADE E MOBILIDADE

Detido un home en Compostela por agresión con arma branca

09/03/2015

A Policía Local de Santiago de Compostela detivo o pasado sábado un home de 53 anos de nacionalidade marroquí como presunto autor dun delito de lesións tras agredir con arma branca a dous homes e unha muller na rúa Casas do Rego.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Comeza a rodar o Conto Viaxeiro 2015

08/03/2015

Logo de pechado o prazo para a inscrición dos centros de ensino interesados, o vindeiro martes 10 de marzo comeza a andaina o Conto viaxeiro 2015, iniciativa organizada pola Concellería de Normalización Lingüística.

Ler máis

ALCALDÍA

Máis de 4.000 persoas achegaron as súas fotos para compoñer un mural dedicado ás mulleres de Compostela

08/03/2015

Co descubrimento dun mural fotográfico concluíu a campaña Mulleres, todas somos protagonistas, posta en marcha pola Concellería de Servizos Sociais con motivo do Día Internacional da Muller. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández; a concelleira de Servizos Sociais, María Corral; e a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, presidiron este acto na praza do Obradoiro, que contou coa presenza da actriz compostelá Nerea Barros.

Ler máis

OBRAS E MOBILIDADE

Os traballos de mellora do firme continuarán por Fontiñas, Choupana e Castrón Douro

07/03/2015

O Concello continúa os labores de asfaltado dos vieiros da cidade aproveitando o bo tempo que se espera para os vindeiros días. Unha vez rematadas as obras en Xeneral Pardiñas e Doutor Teixeiro, as seguintes rúas en ver renovado o seu firme serán Patio de Madres-Castrón Douro, a rúa Lisboa e a Choupana. Cómpre lembrar que os traballos afectarán ao tráfico de forma transitoria e realizaranse en horario diúrno porque as baixas temperaturas que se prevén alcanzar pola noite non permitirían que o firme...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Case 500.000 euros para o novo campo de herba artificial de Conxo

06/03/2015

A Xunta de Goberno iniciou o procedemento para contratar dúas obras que permitirán a reforma integral do campo de fútbol a carón do Psiquiátrico de Conxo. Ademais da súa conversión en campo de herba artificial, contémplanse unha remodelación das redes e servizos. Ambas intervencións supoñen un investimento total de 496.850 euros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Hernández afirma que a reurbanización de Carretas permitirá a reconversión dunha rúa con tráfico para integrala na rede peonil do núcleo histórico

06/03/2015

O alcalde de Santiago anunciou a adxudicación da obra de reurbanización da rúa Carretas, por un importe de 622.482 euros e un prazo de execución de cinco meses. Segundo explicou Agustín Hernández, esta actuación "vén a darlle resposta a unha vella demanda veciñal encamiñada á peonalización da rúa, permitindo só o acceso a residentes, mercadorías e servizos públicos".

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A intervención en Santa Clara completará a reurbanización do ámbito da Almáciga

06/03/2015

O Goberno local aprobou o proxecto para a mellora do acceso a zonas altas da Almáciga no ámbito de Santa Clara. Esta intervención, explicou o alcalde, Agustín Hernández, "dálle continuidade ao proxecto integral para a mellora desta zona norte da cidade, que ten actualmente en execución o tramo entre Basquiños e A Pastoriza, e en licitación o comprendido entre a praza da Paz e Basquiños".

Ler máis
Compartir: