CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúa aberta a inscrición nos obradoiros programados no Compostela Cine Classics
O programa sociocultural Compostela Cine Classiscs 2014 mantén aberto o prazo para participar nos Classicobradoiros, actividades formativas dirixidas a públicos diversos (infantil e adultos. Estes talleres requiren inscrición previa e teñen prazas limitadas, 20 por obradoiro. Os interesados poden dirixirse para anotarse aos centros socioculturais, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
ALCALDÍA
A Escola Municipal de Música inicia o curso con máis de 400 alumnos
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, acompañado da concelleira de Educación, María Corral, visitou a Escola Municipal de Música con motivo do inicio do curso escolar 2014-2015. A Escola comeza o novo ano académico con máis de 400 alumnos e alumnas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Comeza a pasar polos centros socioculturais a exposición "As fotos máis antigas de Galicia"
A partir deste martes 7 e ata o dia 21 de outubro, o Centro Sociocultural das Fontiñas acolle a exposición fotográfica As fotos máis antigas de Galicia, producida pola editorial Alvarellos.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
As obras de mellora no alumeado público da Almáciga comezarán este mes de outubro
Na segunda quincena deste mes comezarán no barrio compostelán da Almáciga as obras de mellora no alumeado público, que consistirán na modernización das instalacións de iluminación na rúa de Touro e na rúa do Pino, na parte superior do lugar. Esta intervención encádrase nas actuacións do Programa Urbana Norte para o fomento do uso máis eficaz da enerxía.
DEPORTES
Xornada saudable e solidaria polas zonas verdes de Compostela
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na XIII Camiñada ao Pedroso, andaina solidaria organizada polo Club Deportivo Fontiñas a beneficio de UNICEF con saída na praza do Obradoiro e chegada na Granxa do Xesto. Tamén durante a mañá celebrouse na Alameda a I Carreira de Obstáculos pola Saúde, organizada polo Grupo de Saúde Pública da Asociación de Estudantes de Medicina ME.I.GA.
ALCALDÍA
O alcalde destaca o labor de COGAMI pola integración e participación activa das persoas discapacitadas na vida económica e social
O aparcadoiro do Estadio de San Lázaro acolleu a Xornada informativa sobre novas adaptacións para vehículos de persoas con mobilidade reducida, organizada pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) en colaboración con Adaptamóvil. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou neste evento, que incluíu unha exposición de vehículos adaptados a diferentes necesidades dos seus ocupantes, charlas informativas e asesoramento personalizado.
DEPORTES
Compostela acolleu os XV Xogos de Atletismo Special Olympics Galicia
O pavillón do Restollal acolleu a cerimonia de apertura dos XV Xogos Autonómicos de Atletismo para persoas con discapacidade intelectual Special Olympics Galicia. A concelleira de Deportes, María Corral, inaugurou o evento, que reuniu 370 persoas entre atletas, adestradores, voluntarios e organización.
XORNADAS
Clausura das Xornadas de Celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral
A concelleira María Antón asistiu ao acto de clausura das Xornadas de Celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral, organizadas pola Confederación ASPACE (Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns) e ASPACE Galicia. O acto estivo presidido pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.
CULTURA
"Velada (didáctica) cas vangardas" dentro das Xornadas de Música Contemporánea
Tras a inauguración das Xornadas de Música Contemporánea este venres, cun concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Jonathan Webb no Auditorio de Galicia, a música contemporánea achegarase á rúa este sábado 4 de outubro nunha xornada especial chea de música que comezará e rematará na praza das Praterías. Trátase dunha singular, variada e escenográfica proposta na que participan unha representativa parte dunha activa e decidida xeración de músicos e...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello iniciará a finais de novembro a demolición da Casa da Xuventude
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a aprobación pola Xunta de Goberno do proxecto de demolición da Casa da Xuventude situada na praza do Matadoiro, cun orzamento de execución de 165.076 euros. O procedemento de contratación iniciarase a vindeira semana e as obras demolición comezarán a finais do mes de novembro. Este derrubo será completado coa reurbanización da parcela, aspecto no que xa están traballando os servizos municipais.