CONSORCIO

O mestre catalán Antoni Ros Marbà dirixe esta semana a Real Filharmonía de Galicia

12/03/2015

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. Hoxe xoves a orquestra desprazarase a Pontevedra, onde actuará no Teatro Afundación da cidade, ás 20:30 horas. E mañá venres tocará en Santiago, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o mestre catalán Antoni Ros Marbà, que foi director titular da RFG durante 14 anos. Na actualidade é profesor e director titular da Cátedra de Orquestra de Cámara Freixenet da Escola Superior de Música...

Ler máis

ECONOMÍA

Aberto o prazo de inscrición para participar no programa Urbano Norte de promoción da actividade empresarial

12/03/2015

A Concellería de Economía organiza do 23 ao 27 de marzo o programa Urbano Norte de promoción da actividade empresarial. O programa está dirixido a persoas emprendedoras, emprendedores, traballadores, persoas desempregadas e veciños, que terán a oportunidade de asistir a diversos módulos formativos. Todos eles impartiranse nun autobús histórico de 25 prazas. Este programa organízase dentro do Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Ler máis

EDUCACIÓN

Finaliza o prazo de inscrición no Programa de Conciliación para a Semana Santa

12/03/2015

Este venres 13 de marzo remata a inscrición no Programa Municipal de Conciliación para a Semana Santa 2015, organizado pola Concellería de Educación. Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa para de conciliación para as familias no tempo de vacacións da Semana Santa.

Ler máis

CULTURA

O Concello distribuirá 2.000 exemplares do cómic divulgativo "Vivir no solo" en centros de ensino e bibliotecas de Galicia

11/03/2015

A concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, participou na presentación do cómic divulgativo Vivir no solo, cuxa edición en español veñen de promover a Delegación da Sociedade Española da Ciencia do Solo (SECS) en Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) con motivo do Ano Internacional dos Solos 2015. Esta publicación, que agora engade novos contidos, fora lanzada no ano 2000 polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Santiago.

Ler máis

SERVIZOS SOCIAIS

Santiago de Compostela súmase á conmemoración do Día Mundial do Ril

11/03/2015

A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, participou no CHUS nunha mesa informativa convocada pola delegación de Santiago da Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril (Alcer) con motivo da celebración este xoves, 12 de marzo, do Día Mundial do Ril. Tamén asistiron o xerente do CHUS, Luis Verde; o xefe de Nefroloxía do complexo, Cándido Díaz, e representantes de Alcer.

Ler máis
Compartir: