DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O CIAC programa un obradoiro de fabricación de xoguetes e unha nova exposición sobre biodiversidade en Galicia

02/12/2014

Este mes de decembro, na sala de exposicións temporais do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) rematará a exposición de fotografía InvestigaArte e abrirase a mostra Galicia, biodiversidade enmarcada no Ciclo Biodiversidade na cidade, dentro da cal se realizará o relatorio Algúns dos mamíferos que habitan na contorna de Compostela. E xa en datas de Nadal, haberá un obradoiro de fabricación de xoguetes con materiais de refugallo e un roteiro polas Brañas do Sar.

Ler máis

CULTURA

Case 30.000 persoas asistiron ás proxeccións da XXVIII edición de Cineuropa, unha das máis exitosas do festival

02/12/2014

Cineuropa rematou o pasado domingo, 30 de novembro, a súa 28ª edición, unha das máis exitosas do festival. En total foron 29.500 persoas as que asistiron ás proxeccións, ás que hai que engadir as 3.400 que foron a Cineuropa Concerto, actividades entre as que tamén se atopaba a proxección dun filme de Chaplin, acompañado pola música en directo da Real Filharmonía de Galicia.

Ler máis

CULTURA

Cancelación da xira de "Las dos bandoleras"

02/12/2014

FEI, Factoría Escénica Internacional vén de comunicar a suspensión a partir da xira da súa obra teatral Las dos bandoleras, o cal implica a suspensión da representación prevista en Compostela o 18 de decembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, dentro do ciclo Teatro & Danza. A compañía comunicou que toma esta decisión a causa do estado de xestación da protagonista da obra, Macarena Gómez, que por prescrición facultativa, debe gardar un repouso incompatible coa súa...

Ler máis

ECONOMÍA

Santiago de Compostela acolle a sexta edición de Getting Contacts en Galicia

01/12/2014

A concelleira de Economía, Reyes Leis, e Esteban Vázquez, membro do Comité de Dirección do Cluster TIC, presentaron no Pazo de Raxoi a sexta edición de Getting Contacts en Santiago, que se celebrará o vindeiro 11 de decembro no Hotel AC Palacio del Carmen. Getting Contacts ten coma obxectivos fortalecer ás empresas locais e axudar aos emprendedores que están comezando no desenvolvemento do seu proxecto, facilitando os contactos e o networking, xerando novas oportunidades de negocio e abrindo as portas a novos...

Ler máis

EDUCACIÓN

O programa "aXente Corrente" converte os máis pequenos en protagonistas da súa aprendizaxe en materia de seguridade viaria

01/12/2014

A concelleira de Educación, María Corral, presentou o programa de educación viaria aXente Corrente. Este proxecto ofrecerá diferentes recursos para que os nenos e as nenas se transformen en "axentes protagonistas" da súa aprendizaxe como peóns. A proposta, realizada por Agasalle Contidos, inclúe un libro disco titulado aXente Corrente, Galo Mirindolo, actuacións musicais con pezas preparadas a tal efecto por Xoglares e outro tipo de accións para promover actitudes e valores arredor da educación...

Ler máis
Compartir: