MEDIO AMBIENTE
O Concello e o Museo de Historia Natural colaborarán en actividades de divulgación científica sobre o medio ambiente
O Concello e o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago van colaborar na organización de actividades de divulgación científica sobre o medio ambiente. Así se recolle no convenio que van asinar as dúas partes, unha vez sexa aprobado mañá pola Xunta de Goberno e nas próximas semanas polos órganos de goberno da USC. O contido do acordo foi explicado hoxe polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e pola directora do Museo, María Isabel Fraga.
IGUALDADE
O espectáculo "Galadas" conmemorará o Día das Mulleres este sábado na Sala Capitol
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá o espectáculo Galadas, que terá lugar este sábado 5 de marzo, ás 21:00 horas, na Sala Capitol, con motivo do Día Internacional das Mulleres.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece tres concertos esta fin de semana no Festival Musika-Música de Bilbao
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) participa esta fin de semana no Festival Musika-Música de Bilbao con tres concertos no Palacio Euskalduna. A primeira cita terá lugar o sábado 5, ás 17:00 horas. O domingo día 6, a orquestra ofrecerá dúas actuacións, ás 13:45 e ás 18:45 horas. A batuta destes concertos levaraa o director titular e artístico da RFG, o mestre británico Paul Daniel.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A web de Comercio conta cunha nova sección para dinamizar a oferta comercial da cidade
A Concellaría de Comercio vén de crear unha nova sección na web de Comercio destinada a publicar tanto as actividades municipais de dinamización comercial como as de outras entidades. Esta nova pestana, que leva o nome de "Dinamización" quere ser unha nova ferramenta de comunicación para o sector comercial.
DEPORTE
O XIV Duatlón "Cidade de Santiago" reunirá este sábado a preto de 250 atletas
Este sábado, 5 de marzo, terá lugar no Polígono da Costa Vella a XIV edición do Duatlon "Cidade de Santiago" que reunirá na cidade a preto de 250 atletas desta disciplina deportiva. Está organizado por Triatlón Arcade Inforhouse Santiago en colaboración co Concello.
MEDIO AMBIENTE
O Centro de Interpretación Ambiental invítanos a descubrir o mundo dos insectos
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, en Belvís, vai dedicar aos insectos a súa programación de marzo. Para coñecelos mellor e para descubrir o seu mundo, a partir do próximo sábado poderase visitar unha exposición temporal, baixo o título Descubre o apaixonante mundo dos insectos.
ACCIÓN CULTURAL
A Concellaría de Acción Cultural organiza no CSC da Trisca un taller de animación á escrita e de promoción da lectura activa
A Concellaría de Acción Cultural programou un suxestivo taller práctico de animación á escrita e de promoción da lectura activa. A partir do luns 7 de marzo e durante oito xornadas, no Centro Sociocultural da Trisca (Corredoira das Fraguas, 92), os participantes coñecerán as ferramentas básicas para a elaboración dun pequeno poemario ou "suite" poética. A inscrición segue aberta.
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais visitan as dependencias da UMAD
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acudiu este mércores ás dependencias da UMAD (Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes) para coñecer de primeira man o seu funcionamento.
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
O Goberno municipal ultima a inclusión de cláusulas sociais na contratación pública
Martiño Noriega achegouse esta mañá á sede que a Fundación Down Compostela ten no barrio de Conxo. Acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e do presidente e secretario da Fundación, Juan Jesús Martínez e Xaime López, o alcalde coñeceu de primeira man as actividades que se realizan no centro, no que participan arredor de 100 persoas de aproximadamente 40 concellos da contorna de Santiago.
CONSORCIO
O trompista Martin Owen e a violista Isabel Villanueva impartirán clases a vindeira semana na Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana estarán a recoñecida violista Isabel Villanueva e o trompista Martin Owen. Formarán tanto aos estudantes da Escola como a alumnos/as externos/as interesados en perfeccionar a súa interpretación con estes dous instrumentos.