DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Un punto limpo móbil percorrerá os barrios da cidade para facilitar a xestión de residuos non voluminosos e a recollida selectiva

13/03/2015

A Concellería de Desenvolvemento Urbano Sostible, a través da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida e do tratamento de residuos, pon en marcha un Punto Limpo Móbil, co obxectivo de dar a coñecer e facilitar a xestión de residuos non voluminosos e a reciclaxe mediante a recollida selectiva. Este punto limpo móbil estará cada sábado nun punto da cidade ou do rural.

Ler máis

SERVIZOS SOCIAIS

Entrega de diplomas aos participantes noutra edición do programa de emprego Acceder

13/03/2015

A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, clausurou o acto de entrega de diplomas do programa Acceder, celebrado na sede compostelá da Fundación Secretariado Xitano. Trinta persoas recibiron a credencial pola súa formación teórica e práctica en Dependente de comercio, Controlador de accesos, Acompañante de transporte escolar, Auxiliar de estética e Camareiro de sala e banquetes.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio finaliza as obras na igrexa de Santa Mariña de Verdía, centradas na restauración do retablo e na eliminación de humidades no templo

13/03/2015

Dentro das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo fóra da cidade histórica, acaban de rematar varias intervencións na igrexa de Santa Mariña de Verdía, localizada na parroquia do mesmo nome, a uns dez quilómetros ao norte da cidade. Trátase, por un lado, da restauración do retablo maior, de orixe barroca, cun orzamento de 19.178,50 euros. Ademais, mellorouse a cuberta e as revocaduras exteriores e interiores do templo para resolver os problemas de humidade que afectaban ao inmoble, traballos que alcanzaron os 40.140...

Ler máis

PATRIMONIO

Santiago albergará o 16 de maio un concerto do II Ciclo de Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España

13/03/2015

A Raíña Dona Sofía presidiu en Alcalá de Henares o concerto con que se inaugurou o II Ciclo Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España en colaboración coa Fundación Albéniz e coa Escola Superior de Música Reina Sofía. Este ciclo chegará a Santiago de Compostela o sábado 16 de maio, cun concerto do Cuarteto Medelssohn de BP, ás 20:00 horas, na igrexa da Compañía.

Ler máis

CULTURA

Teatro, música, contos e humor na programación cultural da fin de semana

13/03/2015

Esta fin de semana, completa programación cultural, con sete citas citas de teatro, música, contos e humor. A xornada de sábado comezará no Auditorio de Galicia ás 18:00 horas, co violinista Ara Malikian dentro do ciclo Infantil & Familiar. Despois, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, vez para o ciclo Sons’15, que nos ofrece a presentación do novo disco de Coanhadeira, Bicos con luvas. Á mesma hora, no Salón Teatro, estrea absoluta de Xardín suspenso dentro do Bono de Teatro Galego, e xa ás...

Ler máis

ECONOMÍA

Os afeccionados ás caravanas teñen unha cita esta fin de semana en Área Central

12/03/2015

O Concello de Santiago colabora coa II Feira Caravana Compostela, que se celebra dende este venres 13 ata o domingo 15 en Área Central. A titular de Economía, Reyes Leis, presentou este evento, que reunirá na Praza de Europa uns cincuenta vehículos, entre caravanas, autocaravanas e carros-tenda, das empresas máis importantes e das marcas principais do sector da caravana de Galicia. O seu horario será de 11:00 a 20:00 horas durante os tres días.

Ler máis

CULTURA

Compostela acolle este sábado os XXIV Premios Irmandade do Libro

12/03/2015

A Federación de Librarías de Galicia celebra este sábado 14 de marzo, ás 18:00 horas, na Cidade da Cultura, a súa tradicional festa de entrega dos Premios Irmandade do Libro. A XXIV edición deste evento foi presentada en Raxoi nunha rolda de prensa na que se deu a coñecer o nome da gañadora do premio na categoría Autor: Yolanda Castaño.

Ler máis

CONSORCIO

Expertos europeos avanzan en Santiago na creación dunha ferramenta de mellora da sustentabilidade enerxética dos barrios

12/03/2015

O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo FASUDIR (Friendly and Affordable Sustainable Urban District Retrofitting), centrado en lograr a eficiencia enerxética dos edificios e barrios das cidades de Europa. No marco desta iniciativa, estes días reúnense en Santiago os socios do proxecto, dende o mércores ata este venres, no Centro de Estudos Avanzados. A cidade compostelá intervén neste programa como caso de estudo.

Ler máis
Compartir: