EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello acorda unha solución coa Xefatura Territorial de Educación para a falta de prazas no CEIP Lamas de Abade
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, mantivo unha xuntanza esta mañá co xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, para atopar un acordo respecto á falta de prazas no CEIP Lamas de Abade. Manuel Dios trasladoulle a preocupación das familias afectadas por esta problemática e o desexo do Concello de solucionalo canto antes.
CONVIVENCIA E EDUCACIÓN
Os Bombeiros achegaron o seu traballo á cidadanía cunha serie de exhibicións
O 8 de marzo celébrase o Día dos Bombeiros, e o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Santiago celebrárono por adiantado cun amplo programa de actividades. Os actos, inicialmente previstos para a praza do Obradoiro, celebráronse finalmente, a consecuencia das previsións meteorolóxicas, no Parque de Bombeiros. O alcalde, Martiño Noriega, e os concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, non quixeron perderse a xornada.
CONVIVENCIA
Busca do tesouro da man da Policía Local polo novo Colecamiño do CEIP Raíña Fabiola
A Policía Local de Santiago continúa coas súas actividades de educación viaria. Este venres, os/as escolares de 3º a 6º de Primaria do CEIP Raíña Fabiola participaron nunha busca do tesouro orientada a coñecer o novo Colecamiño que entrará en funcionamento neste centro tras a Semana Santa.
ACCIÓN CULTURAL
"Rapsodia para saxofón barítono", novo concerto dominical da Banda Municipal
A Banda Municipal de Música ofrece un novo concerto este domingo. Como é habitual, a cita é ás 12:00 horas no Teatro Principal, onde a formación contará esta vez coa colaboración dun director convidado, Manuel Mondéjar, e dun saxofón solista, Jorge García.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello e a Asociación Tempo con Xeito colaborarán para dinamizar a zona nova
A Xunta de Goberno aprobou este venres a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Asociación Cultural Tempo con Xeito, para a realización de diversas actividades que teñen como obxectivo dinamizar a zona nova de Compostela. O acordo é semellante ao asinado no seu día coa Asociación Cultural Cidade Vella.
ALCALDÍA E IGUALDADE
Concello e USC recuperan o Premio Xohana Torres e ábreno tamén á creación audiovisual
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o reitor da USC, Juan Viaño, asinaron este venres un convenio que garante a posta en marcha do I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual sobre a memoria histórica das mulleres de Compostela. Recupérase así un certame, interrompido en 2012, cuxos case 20 anos de vixencia o converteran nun símbolo da cidade. O 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, abrirase o prazo para participar nesta convocatoria, dotada con dous premios de 2.500 euros.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
"Contos para despois da chuvia" achegará a lectura aos nenos e nenas da cidade
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou en rolda de prensa a Campaña Municipal de Animación á Lectura, que leva por título Contos para despois da chuvia.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello de Santiago pídelle á Consellería de Educación unha solución para a falta de prazas no CEIP Lamas de Abade
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e o Goberno municipal súmanse as peticións da ANPA da Escola Infantil Raiola, que solicitan unha solución para a falta de prazas no CEIP Lamas de Abade, o que lles correspondería aos rapaces e rapazas trala finalización da escolarización infantil.
CONVIVENCIA
O mal tempo obriga a trasladar ao Parque de Bombeiros a exhibición prevista para este sábado na praza do Obradoiro
As malas previsións meteorolóxicas obrigaron a trasladar ao Parque de Bombeiros o programa de actividades que o Servizo de Extinción de Incendios ten organizado para este sábado, e que inicialmente se ía desenvolver na praza do Obradoiro.
ALCALDÍA
Os alcaldes da Mancomunidade de Santiago acordan reactivar este organismo
Martiño Noriega cualifica de moi positiva a xuntanza celebrada onte entre os alcaldes dos concellos que forman parte da Mancomunidade de Santiago, co obxectivo de analizar a conveniencia de revitalizar este organismo. No encontro, de carácter informal, todos os participantes acordaron recuperar a Mancomunidade, aproveitando o marco legal que ofrece para desenvolver algúns proxectos comúns.