EDUCACIÓN
Manuel Dios debate con 30 expertos en educación o Plan Educativo de Cidade que elaborará para Santiago
O concelleiro de Educación expúxolles o documento base a partir do cal os axentes educativos achegarán proposta. O Proxecto Educativo de Cidade (PECi) estará rematado este mes de xuño e servirá de guía para toda a lexislatura
TURISMO
Os concellos de Santiago e A Coruña volven reunirse na capital para pechar fórmulas de coordinación aeroportuaria
A concelleira de Turismo, Marta Lois, celebrou unha segunda xuntanza co seu homólogo na cidade herculina, Alberto Lema.
FACENDA
María Rozas volve reunirse con Paco Reyes para tratar as ordenanzas fiscais
Trátase da segunda xuntanza sobre este asunto. A concelleira continúa as conversas cos voceiros da oposición.
ACCIÓN CULTURAL
O programa "Imos de excursión" continúa cunha visita ao zoo de Marcelle
A Concellería de Acción Cultural continúando coa programación de saídas e excursións promovidas desde os centros socioculturais para este ano 2105. A seguinte visita será ao zoolóxico de Marcelle, en Lugo.
ALCALDÍA
O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais reúnense con Cáritas para tratar os proxectos da entidade en Compostela
Foi unha xuntanza inicial entre tres representantes de Cáritas coa concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, na que se trataron os proxectos que a entidade ten na cidade, como o Centro de Día de Carretas, cuxa licencia está en tramitación.
MEDIO AMBIENTE
Os concellos da conca do Sar suman forzas para poñer en valor a contorna do río
O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá unha reunión dos responsables de Medio Ambiente dos concellos polos que discorre o río Sar, presidida polo edil compostelán, Xan Duro.
ALCALDÍA
Felipe VI, designado embaixador de honra do Camiño de Santiago
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu esta mañá ao acto no que o Rei Felipe VI recibiu as credenciais que o designan primeiro embaixador de honra vitalicio do Camiño de Santiago.
CULTURA
The Cyborgs, Ben Poole, The Buttshakers, Cedric Burnside e Guadalupe Plata + Hendrik Röver & Los Míticos GT’s nos últimos concertos de 2015 do ciclo Blues Nite by 1906
As entradas, 12€ anticipada e 15€ o día do concerto poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, en A Reixa Tenda, Miranda, ticketea.com e salacapitol.com.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
O alcalde reuniuse hoxe co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, co obxectivo de estudar posibles vías de colaboración entre o Concello e a entidade.
POLÍTICAS SOCIAIS
Primeira xuntanza da concelleira de Políticas Sociais coa asociación LGTBI "Ultreia"
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, mantivo unha primeira reunión coa asociación "Ultreia", para tratar as necesidades e demandas deste colectivo.