MEDIO AMBIENTE
O CIAC programa actividades sobre alternativas de consumo responsable
As actividades non paran no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC). A instalación de Belvís traballará durante o mes de febreiro arredor das distintas alternativas de consumo responsable que existen en Compostela.
CONSORCIO
A Real Filharmonía ofrece esta semana dous concertos baixo a batuta de Paul Daniel
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro será o xoves 1 de febreiro na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas, no marco da súa tempada de abono. O venres, a orquestra desprazarase a Vigo, onde tocará no Teatro Afundación, tamén ás 20:30 horas, dentro da tempada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación.
ALCALDÍA
Recepción aos membros da Asociación José Afonso
O alcalde recibiu esta mañá a unha delegación portuguesa da AJA (Associaçao Jsoé Afonso) que pasarán uns días en Compostela traballando na memoria do músico aveirense. Na recepción estiveron tamén representantes do PSOE e BNG, así como membros da AJA Galicia.
IGUALDADE
O Concello condena calquera tipo de agresión machista
O Concello de Santiago vén de coñecer a denuncia pública dun episodio de violencia machista nas rúas da nosa cidade, concretamente no Campus Sur. Segundo puidemos saber a través de varios avisos nas redes sociais, unha muller foi vítima de acoso e agresións verbais por parte de dous homes, que tamén a agarraron fortemente dun brazo.
DEPORTE
Case 1.500 alumnos e alumnas de 11 centros participaron na campaña "Ven coñecer o Squash"
A concelleira de Deporte, Noa Morales, visitou esta mañá a última xornada da actividade "Ven coñecer o squash", organizada polo Concello de Santiago e a Federación Galega de Squash co obxectivo de visibilizar este deporte nas aulas de Compostela.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de renovación da rúa Batalla de Clavijo e a súa contorna
A Xunta de Goberno aprobou hoxe os dous proxectos nos que se dividirá a renovación de viarios e beirarrúas na rúa Batalla de Clavijo e anexas, e que suporán un investimento de case un millón de euros. A primeira fase da actuación será cofinanciada con fondos europeos, con cargo EDUSI. O alcalde, Martiño Noriega, salientou que esta actuación "responde a unha demanda histórica da veciñanza e mellorará sensiblemente o benestar da poboación do ámbito"
ALCALDÍA
O alcalde reivindica o potencial investigador de Santiago na inauguración do III Simposio de Biopsia Líquida
Máis de 300 investigadores e oncólogos médicos expertos en medicina de precisión danse cita esta semana en Santiago, no III Simposio de Biopsia. O alcalde, Martiño Noriega, participou esta mañá na inauguración do evento, organizado polo Grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Hospital Clínico, ONCOMET.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello destinará preto de 600.000 euros á rexeneración do viario Ponte Marzán-Cruceiro de Sar
A Xunta de Goberno iniciou hoxe o procedemento de licitación das obras de rexeneración do pavimento da calzada das rúas Ponte Marzán-Sandino-Cruceiro de Sar. Nestas obras vanse investir máis de 585.000 euros.
TURISMO
Os establecementos hoteleiros de Santiago lograron no 2017 o seu récord de pernoctacións
A cidade logrou o ano pasado un novo máximo histórico, con 1.459.130, superando o anterior record que databa do Ano Santo 2010. O bo comportamento dos datos turísticos apoiouse no crecemento constante do turismo internacional, que xa representa a metade da demanda da cidade.
CONVIVENCIA
As actividades de educación viaria da Policía Local chegaron no curso pasado a máis de 3.000 rapaces e rapazas
Máis de 3.000 alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, Bacharelato e Educación Especial participaron nas actividades organizadas polo departamento de Educación Viaria da Policía Local ao longo do curso pasado. Os programas chegaron a máis de 30 de centros de ensino da cidade.