SEGURIDADE CIDADÁ

Normalidade e escasos incidentes na xornada de folga en Santiago de Compostela

27/01/2011

A concelleira de Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, cualificou de "certa normalidade" o desenvolvemento da xornada de folga en Santiago de Compostela, cuxo seguimento considerou "moderado, por non dicir escaso". Non obstante, producíronse algunhas queimas de contedores, vehículos atravesados na calzada e mesmo vertido de cravos na estrada.

Ler máis

URBANISMO E INFRAESTRUTURAS

Un paso inferior segregará o tráfico do futuro centro comercial das Cancelas do que circule pola avenida do Camiño Francés

26/01/2011

Os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, e de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, presentaron o novo nó de enlace que se construirá na confluencia da avenida do Camiño Francés coa rúa do Monte dos Postes e coa avenida de Xoán Paulo II. O proxecto contempla un paso inferior polo que pasarán os vehículos que circulen polo Camiño Francés, separando o tráfico desta vía do xerado polo futuro centro comercial das Cancelas.

Ler máis

TURISMO

Santiago logra 1.436.527 pernoctacións no 2010, cun crecemento do 21,4% respecto do 2009 e do 9,7% respecto do 2004

26/01/2011

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os datos do INE sobre as pernoctacións na cidade no Ano Santo Compostelán 2010. Xosé Manuel Iglesias dixo que "os datos do INE amosan que Santiago viviu un gran ano no tocante ás pernoctacións. Santiago foi o motor turístico de Galicia, cun crecemento que dobrou o crecemento do país. Ao mesmo tempo, foi o principal destino, acumulando unha de cada 5,7 pernoctacións".

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O barrio das Fontiñas acolle o quinto circuíto de saúde de Santiago de Compostela

26/01/2011

"As Fontiñas xa non é un barrio exclusivamente de xente moza como era hai 20 anos, cando se construíu; agora é un barrio no que habitan veciños e veciñas de todas as idades, e para todas as idades é este novo circuíto de saúde", indicou a concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, na presentación do novo equipamento instalado no Parque Carlomagno.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A Concellería de Normalización Lingüística anima os escolares composteláns a participar no obradoiro "Canta música!"

26/01/2011

A Concellaría de Normalización Lingüística colabora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística no desenvolvemento dos obradoiros de canto e xogos tradicionais denominados Canta música!, inseridos no programa Bocaberta, que promove o uso da lingua galega entre os máis novos a través de actividades relacionadas con diversas disciplinas. A actividade, dunha hora de duración, terá lugar o vindeiro sábado, 29 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do...

Ler máis

CONSORCIO

O estudo de arquitectura Pesquera Ulargui gaña o concurso para a construción do Instituto de Ciencias do Patrimonio

26/01/2011

O estudo de arquitectura Pesquera Ulargui será o encargado de desenvolver o proxecto de construción do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas, que terá a súa sede en Santiago de Compostela, no espazo verde das Brañas de Sar. A súa proposta foi a elixida polo xurado ao remate da segunda fase do concurso, no que se examinaron seis propostas diferentes.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Nova edición de "Memorias dun neno labrego" para celebrar os 50 anos da obra

25/01/2011

A Concellería de Normalización Lingüística e a Editorial Galaxia promoveron a celebración do 50 aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, coa presentación da nova edición da obra. O acto tivo lugar no Centro Social de Novacaixagalicia (praza de Cervantes), e contou coa presenza do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio realiza traballos de conservación na capela do Rosario en Bonaval

24/01/2011

O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, iniciou diferentes traballos de conservación na capela da Confraría do Rosario, pertencente ao conxunto monumental de San Domingos de Bonaval. En total, o ente interadministrativo investirá 67.901 euros. A encargada da súa execución é a empresa Diconsa.

Ler máis
Compartir: