CULTURA

Don Quixote, protagonista dun concerto da Real Filharmonía de Galicia

31/10/2005

O xoves 3 de novembro ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave, renderá homenaxe á obra de Miguel de Cervantes Don Quixote da Mancha interpretando as obras de Telemann, Don Quixote (Suite); de Gerhard, Danzas de Don Quixote e de Falla, El retablo de Maese Pedro. Para a ocasión se contará coa colaboración das voces de Carmen Gurriarán, soprano; Miguel Bernal, tenor, Augusto Brito, barítono e a representación escénica por conta de Os...

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Un euro por unha hora de estudo para financiar proxectos educativos solidarios

31/10/2005

Baixo o lema "Se estudas cooperas... por unha hora do teu estudo destínase 1 € para un proxecto educativo nun país en vías de desenvolvemento" a ONG Coopera - Jóvenes para la Cooperación al Desarrollo, coa colaboración do Concello de Santiago, quere promover a interacción entre a solidaridade, educación e xuventude na nosa cidade.

Ler máis

TURISMO

Comezan os voos directos a Roma e Frankfurt

28/10/2005

A liña británica de baixos custes Ryanair enlazará ao aeroporto de Lavacolla con Roma desde o domingo 30 de outubro e con Frankfurt desde o 1 de novembro, data na que tamén comeza a operar o voo diario de Air Berlín vía Palma de mallorca a catorce cidades alemás, suízas e austríacas.

Ler máis
Compartir: