ALCALDÍA
Estacionamento de balde o vindeiro xoves 25 para a volta á normalidade do mercado de Salgueiriños
O vindeiro xoves 25, o mercado de Salgueiriños poderá recuperar a súa normalidade, tras a tramitación polo Concello das solicitudes de autorización para participar no mesmo. Segundo anunciou o alcalde, rematado o prazo, recibíronse 128 solicitudes, polo que "temos posibilidade de asentar a todos/as os/as solicitantes", xa que hai 137 espazos dispoñibles.
MOCIDADE
A Concellaría de Mocidade programa en xullo un ciclo de cine ao aire libre e un curso de agricultura ecolóxica
A concelleira de Mocidade, Noa Díaz, presentou tres novas actividades do seu Departamento para as vindeiras semanas: unha actividade de formación en agricultura ecolóxica do programa Hortalíza-Te, un ciclo de cine ao aire libre na Alameda e outra edición dos campamentos de verán.
POLÍTICAS SOCIAIS
Compostela súmase este sábado á conmemoración do Día Mundial das Persoas Refuxiadas cun acto na praza de Cervantes
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, deu conta do acto que se celebrará mañá sábado, 20 de xuño, para conmemorar a celebración do Día Mundial das Persoas Refuxiadas. O acto está organizado pola Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas, en nome da cal participou Miguel Fernández na rolda de prensa. Será ás 12:00 horas na praza de Cervantes.
ALCALDÍA E PARQUES E XARDÍNS
Parques infantís e biosaudables e pistas deportivas ao aire libre, abertos dende este sábado
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns, anunciaron a apertura, a partir das 10:00 horas de mañá sábado dos parques infantís, parques biosaudables e pistas polideportivas ao aire libre do municipio. En total son 162 instalacións ás que abrirán para recibir a pequenos/as e maiores despois de varios meses pechadas.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo agarda que toda a améndoa histórica dispoña na Semana Santa de 2021 dunha "rede de datos de calidade"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción pola activación do primeiro plan de despregamento de fibra en todo o casco histórico grazas á colaboración entre Concello e Xunta. Fíxoo durante a súa rolda de prensa dos venres, na que se referiu tamén a outros temas de actualidade como as máis de 1.000 entrevistas solicitadas aos puntos de información do Ingreso Mínimo Vital ou a recuperación progresiva dalgúns indicadores na cidade unha vez entrada a...
SAÚDE
O Concello iluminarase de verde polo Día Mundial da ELA
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España súmase á campaña #LuzporlaELA e as fachadas dos concellos, monumentos, edificios emblemáticos e diferentes espazos das 15 cidades monumentais iluminaranse de verde con motivo do Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), que se conmemora o próximo domingo 21 de xuño. O Pazo de Raxoi iluminarase de verde o sábado e o domingo.