XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o programa de axudas a autónomos e pequenas empresas para o pago de xuros
A Xunta de Goberno aprobou este venres, nunha sesión extraordinaria, unha convocatoria de axudas para autónomos e pequenas empresas destinadas a facer fronte aos xuros das operacións de crédito concertadas para a obtención de liquidez. Estas achegas son complementarias aos créditos ICO e aos créditos do IGAPE. A contía da subvención será o 75% do aboado en concepto de xuros anuais, co límite de 1.000 euros por persoa ou empresa beneficiaria.
COMERCIO
Abertas as convocatorias de axudas para o comercio
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este venres tres das convocatorias previstas para o apoio ao comercio previstas no Plan Marco de Reactivación Económica. Trátase de axudas para o pago de xuros en operacións de crédito, para a mellora e innovación do comercio local e para cheques de consultoría. En total, as tres liñas suman un crédito inicial de 410.000 euros, ampliable ata o millón de euros. As solicitudes deberán do 11 de maio ao 8 de xuño.
EDUCACIÓN
O Concello cede dispositivos dixitais para que alumnado de Primaria poida rematar o curso sen dificultade
Co obxecto de que todo o alumnado de Primaria teña acceso ás clases en liña, así como recursos dixitais para poder rematar este curso escolar en condicións de equidade, o Concello de Santiago, a través do seu Departamento de Educación, entregará a comezos da vindeira semana routers, tablets e tarxetas SIM para poder conectarse. "Con esta acción tentamos garantir que non haxa alumnado que por non dispor dos medios axeitados non vaia poder rematar o curso nas mesmas condicións que os seus compañeiros e...
XUNTA DE GOBERNO
Xeneral Pardiñas, Alfredo Brañas e República do Salvador serán rúas peonís esta fin de semana
A Xunta de Goberno aprobou este venres os plans de desescalada municipais en varias materias. Así, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou medidas como a peonalización de varias rúas do Ensanche, o incremento dos servizos no transporte urbano ou a recuperación do sistema de estacionamento da ORA.