XUNTA DE GOBERNO
O Concello, pendente da autorización estatal para aplicar 4,6 millóns de euros do seu superávit
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada este luns, validáronse diversos gastos sociais vinculados á crise sanitaria do COVID-19, aprobáronse dous novos contratos para garantir a utilización efectiva do tícket especial de compra e deuse o visto bo ao proceso de incorporación dos traballadores e traballadoras municipais aos seus postos presenciais. Tamén se deu continuidade ao servizo de mantemento de parques e xardíns e ampliouse o prazo para que as comisións dos barrios e parroquias poidan solicitar axudas...
EDUCACIÓN
Aprobados os novos prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís e na Escola Municipal de Música
A Xunta de Goberno Local aprobou o novo calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío. Os impresos e a documentación deben presentarse entre o 13 e o 22 de maio. Tamén se deu o visto bo ao novo prazo de solicitude de ingreso na Escola Municipal de Música, que neste caso estará aberto do 18 de maio ao 5 de xuño.
CONSORCIO
A biografía máis extensa de Castelao, obra de Miguel Anxo Seixas, premiada na Gala do Libro Galego como "mellor iniciativa bibliográfica de 2019"
Os Premios Gala do Libro Galego son unha iniciativa da Asociación Galega de Editoras, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e a Federación de Librarías de Galicia. O xurado da quinta edición dos premios, cos que se pretende recoñecer a excelencia do traballo realizado no eido editorial ao longo de 2019 en Galicia, celebrou esta fin de semana unha reunión telemática para dar a coñecer os galardoados deste ano.
ACCIÓN CULTURAL
O Grupo de Cidades Patrimonio reactiva o calendario de eventos culturais e deportivos de interese turístico
A Comisión de Educación, Cultura e Deporte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuniuse este luns de forma telemática e acordou reactivar o calendario de eventos culturais e deportivos previstos para este ano, así como algunhas das citas que se tiveron que aprazar con motivo da crise do coronavirus. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou na xuntanza, presidida polo titular da Comisión de Cultura e alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo.