ALCALDÍA
Celébrase esta tarde a Asemblea Xeral extraordinaria das Cidades Atlánticas
Os alcaldes e alcaldesas e os presidentes de autoridades locais das Cidades do Arco Atlántico reuniranse a partir das 15.00 horas, por vía telemática, para celebrar a Asemblea Xeral Extraordinaria da entidade.
EDUCACIÓN
Concello e IES Rosalía de Castro renovan a colaboración no financiamento do Bacharelato Internacional
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o director do IES Rosalía de Castro, Xavier Mouriño, asinaron en Raxoi o convenio de colaboración para o financiamento do Bacharelato Internacional, en virtude do cal o Concello achega 6.208 euros.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba as subvencións ao deporte federado e as axudas á actividade cultural desenvolvida polo sector profesional
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as subvencións destinadas ao fomento do deporte federado por un importe de 274.999,67 euros, das que se beneficiarán 56 entidades e clubes deportivos. Na reunión acordouse ampliar o prazo de xustificación destas axudas ata o 25 de novembro. Tamén se deu luz verde ás subvencións de apoio á actividade cultural desenvolvida polo sector profesional, adxudicadas a once entidades culturais por un importe total de 85.208,8 euros. O importe máximo da subvención, segundo as bases, era do 80%...
PLENO
O Pleno aproba por unanimidade a exención da taxa de terrazas para os locais de hostalería para o ano 2021
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria, aprobou por unanimidade a proposta de modificación da ordenanza 3.24, relativa á taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial do dominio publico, o que significa que os locais de hostalería estarán exentos de tributar pola colocación de terrazas o vindeiro ano 2021, dando así cumprimento a unha das demandas do sector.