POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello súmase ao Día da loita contra a SIDA
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presentou esta mañá os actos conmemorativos do Día da loita contra a SIDA, que se celebra o martes 1 de decembro. Estivo acompañada por Alfredo Saborido, da Asociación Sexus.
TURISMO
Turismo de Santiago incrementa a súa aposta polo Nadal como atractivo turístico
Turismo de Santiago desenvolverá unha ampla variedade de accións para poñer en valor o Nadal do Concello como atractivo turístico, segundo explicou o Concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, nunha rolda de prensa celebrada no Pazo de Raxoi, na que estivo acompañado da xerente da entidade municipal, Flavia Ramil.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local toma coñecemento da proposta de convenio remitida por ACUAES para a execución da nova EDAR da Silvouta
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión ordinaria, acordou tomar coñecemento da proposta de borrador de convenio remitido por ACUAES, (Sociedade Mercantil Estatal Aguas de las Cuencas de España, S.A.), no que, segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, tamén participa a Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela, para a execución da nova EDAR da Silvouta; e iniciar os trámites para a súa aprobación. Na rolda de prensa posterior á reunión do...
ALCALDÍA
Subdelegación do Goberno e Concello de Santiago colaboran na distribución de 15.000 máscaras a centros educativos e colectivos vulnerables
A Subdelegación do Goberno da Coruña formalizou hoxe a entrega ao Concello de Santiago de Compostela de 15.000 novas máscaras para a súa distribución a centros escolares e colectivos vulnerables, dentro do novo operativo de entrega de material acordado polo goberno central coa Federación Española de Municipios e Provincias.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Un total de 537 vídeos e 68 canles compiten nuns Premios Youtubeir@s que darán a coñecer as creacións gañadoras desta cuarta edición a comezos de decembro
A cuarta edición dos Premios Youtubeir@s, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, entre eles o de Santiago, das tres universidades e da Deputación da Coruña, dará a coñecer as persoas gañadoras dos seus doce premios a comezos do mes de decembro.
EDUCACIÓN
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade convoca a oitava edición do seu programa pedagóxico para escolares "Aula de patrimonio"
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca a oitava edición do programa pedagóxico Aula de patrimonio, no marco do curso escolar 2020-2021, destinado a estudantes das 15 cidades membros da rede: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa/Ibiza, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.
JUNTA DE GOBIERNO
La Junta de Gobierno Local toma conocimiento de la propuesta de convenio remitida por ACUAES para la ejecución de la nueva EDAR de la Silvouta
La Junta de Gobierno Local, reunida hoy en sesión ordinaria, acordó tomar conocimiento de la propuesta de borrador de convenio remitido por ACUAES, (Sociedad Mercantil Estatal Aguas de las Cuencas de España, S.A.), en el que, según explicó el alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, también participa la Entidad Pública Empresarial Augas de Galicia y el Ayuntamiento de Santiago de Compostela, para la ejecución de la nueva EDAR de la Silvouta; e iniciar los trámites para su aprobación. En la rueda de prensa posterior a la...