POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello e ALCER suman esforzos para concienciar a poboación sobre a necesidade de doar órganos
A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, e o coordinador da Asociación para a loita contra as enfermedades de ril (ALCER), deron conta hoxe en rolda de prensa do programa posto en marcha para sensibilizar a distintos colectivos da poboación sobre a doazón de órganos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A sexta edición da Maker Faire Galicia terá lugar do 18 ao 22 de novembro en formato online
Hoxe presentouse a sexta edición da Maker Faire Galicia, que se celebrará do 18 ao 22 de novembro, en formato online. Durante a feira, na que colabora o Concello de Santiago, trataranse temas como aeronáutica, automoción, alimentación, enerxía, saúde, economía circular, educación e innovación social. No acto de presentación, o alcalde compostelá, Xosé Sánchez Bugallo, destacou o programa desta edición, que lle parece, sinalou "extraordinariamente interesante". Ademais do...
ACCIÓN CULTURAL
O libro galego vestirase de gala (online) o 21 de novembro
Este mediodía tivo lugar, na sala circular do Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, a presentación pública da Gala do Libro Galego 2020 que este ano celebra a súa quinta edición e que terá un formato virtual. Será conducida por Quico Cadaval e difundirase o vindeiro sábado 21 de novembro, ás 12:00 desde a canle de Youtube da Gala.