XUNTA DE GOBERNO
Ampliado o Programa de Conciliación de Verán aos días 9 e 10 de setembro
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a ampliación do Programa Municipal de Conciliación "Escolas de Verán 2019" aos días 9 e 10 de setembro, polo que se modifica o contrato subscrito coa empresa encargada da prestación do servizo. Este cambio obedece á fixación pola Xunta do día 11 de setembro como data de inicio do curso 2019-2020 para o 2º Ciclo de Educación Infantil, Primara e Especial.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Ábrese o prazo de solicitude de subvencións para as asociación veciñais
O Boletín Oficial da Provincia publica este luns, 12 de agosto, a convocatoria de subvencións ás asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2019, por un importe total de 100.000 euros. O prazo de admisión de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir deste martes 13 de agosto.