PRESIDENCIA
Sindo Guinarte participa nas xornadas profesionais de Maker Faire Galicia 2019
O concelleiro de Relacións Institucionais e segundo tenente de Alcalde, Sindo Guinarte asistiu esta mañá á apertura do encontro "Empresas con alma de start up. Maker Faire Galicia 2019". No seu discurso destacou a importancia que ten para Santiago acoller eventos deste tipo, porque "innovación e creación son as claves do éxito do sector industrial e empresarial".
DEPORTES
Unha delegación de 46 deportistas de Compostela competirá na XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou a participación de Santiago na XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico que se van desenvolver na cidade portuguesa de Braga do 7 ao 12 de xullo. A delegación compostelá está formada por 46 deportistas e 10 técnicos, que competirán nas disciplinas de fútbol 7, natación, baloncesto e atletismo adaptado.
ALCALDÍA
Constituídos os órganos reitores do Auditorio de Galicia, Tussa e Incolsa
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu este venres a constitución do consello reitor do Auditorio de Galicia e dos consellos de administración de Tussa e Incolsa, completando así a organización muncipal, unha vez que este xoves quedaran tamén constituídas as diversas comisións.
ALCALDÍA
O alcalde, honrado por exercer na Ofrenda "unha representación acorde coa cidade e co sentimento da maioría de cidadáns"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, expresou en rolda de prensa o seu agradecemento á Casa Real pola Delegación Rexia para o día 25 de xullo. Xosé Sánchez Bugallo declarouse "moi honrado" por realizar por cuarta vez a Ofrenda, que desta vez se celebrará na igrexa do mosteiro de San Martiño Pinario, ao estar en obras o interior da Catedral.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo visitou a mostra de coches clásicos exhibida no Obradoiro
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou este venres a exposición de coches clásicos organizada na praza do Obradoiro pola asociación comercial Compostela Monumental e o Club Clásicos do Incio.