ALCALDÍA
A Xunta de Goberno aproba a liquidación das contas de 2018 das empresas de transporte urbano Tralusa, Autos Carballo e Hermanos Ferrín
A Xunta de Goberno do Concello de Santiago, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a liquidación das contas de 2018 de tres empresas de transporte público, "Tralusa", "Autos Carballo", e "Hermanos Ferrín", recoñecéndolle o déficit. Era un trámite necesario, segundo explicou en rolda de prensa o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, para poder solicitar a subvención de transporte público convocada polo Goberno de España.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo asiste este luns á Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade
Esta primeira xuntanza do mandato 2019-2023 terá lugar en Alcalá de Henares, onde se reunirán os alcaldes de alcaldesas do grupo tras a constitución dos concellos.
PLENO
Celebrado o pleno de organización do Concello
Esta mañá o pleno do Corporación reuniuse en sesión extraordinaria para tratar os puntos relativos á organización do mesmo. Así, decidiuse a periodicidade das sesión, a creación e composición das comisións, a representación dos grupos nas distintas entidades municipais ou o réxime de indenmizacións e dedicacións exclusivas dos membros das corporación.
POLÍTICAS DE IGUALDADE
O Concello de Santiago súmase á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI
O Concello de Santiago sumouse hoxe á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI. Membros do goberno, entre eles o alcalde e a concelleira de Igualdade, Noa Díaz, e da corporación asistiron na praza do Obradoiro á lectura dun manifesto no que o movemento pola diversidade afectivo-sexual e de xénero de Compostela reclamaba o dereito "a ser, a sentir, a expresarmos, a vivir con dignidade, a non sermos cuestionadas, a non encasillarnos nun sistema binario e pechado e a amar a quen e como queiramos".