EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música dedica o seu festival de fin de curso á canción galega
A Escola Municipal de Música celebrará seu festival de fin de curso 2018-2019 hoxe venres, ás 19:00 horas, no Auditorio de Galicia, baixo o título "50 anos da canción galega". Este festival enmárcase na liña de traballo iniciada o ano pasado con "A muller galega na música", na que a Escola érguese como centro vertebrador da recuperación e posta en valor do inmenso patrimonio musical feito en Galicia.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Máis de 300 cacharelas e sardiñadas animarán o San Xoán en Compostela
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, deu conta do operativo para atender as diferentes cacharelas e sardiñadas que se celebrarán na noite de San Xoán. En total, durante a fin de semana celebraranse 57 cacharelas e sardiñadas públicas e 252 privadas.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Entran en vigor os horarios de verán do servizo de transporte urbano
Este luns 24 de xuño entrarán en vigor os horarios de verán do servizo de transporte urbano, tal e como comunicou este venres o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado do xerente de TUSSA, José Ramón Mosquera.
ALCALDÍA
O alcalde fixa como prioridade aprobar uns orzamentos técnicos para completar o exercicio e atender as obrigas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo anunciou que o vindeiro luns, 24 de xuño, ás dez da mañá, constituirase formalmente a Xunta de Goberno. Entre os acordos que adoptará estarán, segundo explicou o rexedor, o de "delegación de competencias nas diferentes concellarías, a aprobación de distintos asuntos e a validación de actuacións que foron realizadas polo Goberno anterior pero non foron sometidas aínda á autorización dos órganos corporativos en materia de...