IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar os tres últimos asasinatos machistas, acontecidos nas últimas 48 horas en Alboraia (Valencia), Ayamonte (Huelva) e Aranjuez (Madrid).
CENTROS CÍVICOS
Arrinca a V Mostra de Teatro nos Centros Cívicos
O Teatro Principal acollerá entre os días 17 e 22 de xuño a V Mostra de Teatro dos Centros Cívicos, na que se van presentar un total de 15 montaxes. No certame participarán os clubs de teatro dos centros cívicos do Ensanche, O Romaño, Castiñeiriño, A Rocha, Santa Marta, Fontiñas e Conxo.
LINGUA
Xa hai gañadores da IV edición do Fotolingua, que se pechou con máis de 400 imaxes asociadas
A IV edición do concurso Fotolingua, que pretende darlle visibilidade ao uso do galego no ámbito comercial, pechouse con 441 imaxes asociadas ao cancelo #fotolingua. Delas, a que recibiu máis "gústame" do público, 180, foi a realizada por Raquel Pombar na escola Sondanza. Pola súa banda, a organización do certame decidiu premiar a Xaime Varela Siero, polo conxunto de imaxes que publicou no que reflicte a riqueza e variedade de establecementos que usan o galego en Compostela.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Aberto o prazo de pago para o Programa Municipal de Conciliación de Verán
Unha vez aprobados pola Xunta de Goberno os prezos públicos do Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2019, a Concellaría de Educación e Cidadanía lembra ás familias que xa está aberto o prazo de pagamento.