MOCIDADE
Arredor de 130 escolares de tres centros participarán no programa "Teatro-Foro"
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou esta mañá unha nova actividade que se desenvolverá durante este ano en tres centros escolares, impulsada polo seu Departamento. Na rolda estivo acompañada de Ramón Molina, de Arelar Xestión Socioeducativa.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Recepción ao alumnado galego, francés, alemán e polaco participante nun programa Erasmus +
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu un grupo de alumnos e alumnas de tres colexios europeos -un de Varsovia (Polonia), un de Bad Nenndorf (Alemaña) e outro de Champagné (Francia)- que xunto co colexio compostelán Compañía de María participan no Proxecto COME 2016-2018 (Cooperation On Mobility in Europe), dentro do Erasmus + da Unión Europea.
CONSORCIO
O catalán Damián Arenas, contrabaixo da Orquesta Sinfónica de RTVE, impartirá clases a músicos galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do recoñecido contrabaixista catalán Damián Arenas. Ademais do alumnado da Escola, tamén poden asistir intérpretes externos ao centro.
PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio convoca o II Certame de Creación Audiovisual para Mozos/as
Este martes presentouse o II Certame de Creación Audiovisual para Mozos/as "A miña cidade é patrimonio de todos", que organiza o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Este programa enmárcase na celebración ao longo deste 2018 do 25 aniversario da constitución do Grupo.