CULTURA
Música, teatro e danza no novo ciclo ‘Cultura en familia’
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá a programación deste ciclo dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa. As actividades teñen todas un prezo de 4 € e pode mercarse un bono familiar de catro entradas ao prezo de 12 euros. O concerto da Banda é con entrada de balde.
MEDIO AMBIENTE
Máis de setenta árbores emblemáticas da Alameda, identificadas cunha nova sinalización
As árbores máis emblemáticas da Alameda xa están perfectamente identificadas cunha nova sinalización que recolle o seu nome científico, a súa denominación en galego, castelán e braille, e un código QR que permite acceder a máis información sobre a especie a través da web compostelaverde.santiagodecompostela.gal. As placas foron instaladas grazas á colaboración entre o Concello, FINSA e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago.