ALCALDÍA
Noriega reclama melloras nas ferramentas de financiamento da cidade
O alcalde de Santiago aproveitou a reunión que mantivo esta mañá co presidente da Xunta para reivindicar as ferramentas propias de financiamento que axuden a manter a singularidade da nosa cidade e a afrontar novos retos como os relacionados co Ano Santo de 2021. Martiño Noriega expúxolle a Alberto Núñez Feijóo dúas peticións concretas: o aumento da partida da Capitalidade de cara a 2018 e o incremento da achega que a Xunta fai ao Consorcio de Santiago.
IGUALDADE
A praza do Obradoiro acolle este luns a intervención artística "Sons cor violeta", de María Xosé Domínguez
Este vindeiro luns, a partir das 20:00 horas, a praza do Obradoiro acolle unha intervención artística ao abeiro das actividades programadas pola Concellaría de Igualdade polo Día Internacional das Mulleres.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá conta do convenio coa USC para o acondicionamento do campo de fútbol do Campus Vida
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, informou hoxe sobre os asuntos tratados na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local. Na mesma deuse conta do convenio que o Concello asinou coa Universidade de Santiago para o acondicionamento do campo de fútbol e rugby do Campus Vida.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os dous últimos asasinatos machistas, que deixaron nestes últimos días vítimas mortais en Alcobendas e Madrid.
ALCALDÍA
O alcalde proponlle ao presidente da Xunta "un pacto de país polas tres grandes infraestruturas pendentes en Santiago"
O alcalde de Santiago reuniuse hoxe co presidente da Xunta, no terceiro encontro que ambos manteñen dende a chegada de Martiño Noriega á Alcaldía. Na xuntanza, o rexedor propúxolle a Alberto Núñez Feijóo "un pacto polas tres grandes infraestruturas pendentes na cidade: a EDAR, a estación intermodal e a ampliación da AP-9, incluído o enlace orbital".
ALCALDÍA
O alcalde reunirase con Felipe VI este martes no Palacio da Zarzuela
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou esta mañá despois da súa xuntanza co presidente da Xunta de Galicia que o próximo martes, 7 de marzo, será recibido polo Xefe do Estado no Palacio da Zarzuela, en Madrid.
ALCALDÍA
O Concello solicita a implicación da Xunta na creación do Campus da Música de Santiago
O alcalde de Santiago fixo hoxe un chamamento á implicación da Xunta na creación do Campus da Música de Santiago, na reunión que mantivo co presidente, Alberto Núñez Feijóo. Martiño Noriega lembrou a "demanda histórica da cidade para que se amplíe o Conservatorio Profesional, case dende o mesmo momento da súa inauguración en 2004", e explicou a situación de falta de espazo na que se atopa a Escola Municipal de Música, que comparte espazo co CEIP Apóstolo Santiago.