POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE
As II Xornadas sobre diversidade sexual a educación reflexionan sobre a transexualidade
O Concello colabora nas II Xornadas sobe diversidade sexual na educación, que se celebran este venres co lema "Unha oportunidade para transformar a sociedade" e organizadas pola Facultade de Ciencias da Educación. As persoas interesadas poden seguir en directo a retransmisión destas xornadas.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local aproba o proxecto de rehabilitación da Casa das Máquinas
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto actualizado de rehabilitación da Casa das Máquinas, na rúa de Galeras. O alcalde sinalou que a actuación, que sairá a licitación nas próximas semanas, ten un orzamento de algo máis de 250.000 euros, IVE incluído.
TURISMO
As Cidades Patrimonio reforzan a súa promoción en Francia coa súa presenza no Salón do Turismo de París
As 15 Cidades Patrimonio continúa co seu plan de promoción e captación de viaxeiros europeos coa participación no Salón Mundial do Turismo que se celebra en París do 16 ao 19 de marzo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Compostela celebrará o Día Mundial da Poesía con actos en homenaxe ao poeta Miguel Hernández
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou este venres os actos que organiza o Concello para conmemorar o Día Mundial da Poesía, que se celebra todos os 21 de marzo tras a declaración por parte da Unesco en 1999.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Apertura dos prazos de admisión e matrícula na Escola Municipal de Música
A Xunta de Goberno aprobou os prazos de reserva de praza de alumnado actual, preinscrición e matrícula de novo alumnado na Escola Municipal de Música para o curso 2017-2018.
DEPORTE
O I Santiago Football Camp perfeccionará a práctica do fútbol americano entre deportistas galegos
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá o I Santiago Football Camp de fútbol americano, que se celebrará no campo de Marrozos este sábado 18 de marzo, en horario de 9:00 a 17:30 horas. Na rolda estivo acompañada dos adestradores dos Santiago Black Ravens, José Jiménez, e dos Reus Imperials, Bart Iaccarino.
XUNTA DE GOBERNO
O Executivo local intenta captar 1,5 millóns de euros para un programa de emprego dirixido á mocidade
O Goberno local intentará captar máis de 1,5 millóns de euros de fondos europeos, para a posta en marcha dun plan de emprego dirixido á mocidade. Así se acordou na Xunta de Goberno desta mañá. O programa Mocidade con Emprego desenvolveríase no período 2017-2020.
IGUALDADE
O Concello e a Plataforma de Galeras homenaxean ás lavandeiras compostelás
As concelleiras de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo e de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Marta Lois e Concha Fernández, respectivamente, acudiron esta mañá ao parque de Galeras para descubrir o panel que homenaxeará ás lavandeiras compostelás.