IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este xoves unha vítima en Azuqueca de Henares (Guadalajara).
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno inicia a licitación de obras orzamentadas en máis de 700.000 euros
O Goberno local aprobou este venres o inicio do procedemento de licitación de catro actuacións longamente demandadas en Santiago, que van supoñer un investimento total de máis de 700.000 euros. O concelleiro Xan Duro, encargado de dar conta hoxe dos acordos da Xunta de Goberno, salientou o "elevado volume de investimentos que se está a licitar nas últimas reunións do Executivo, e que fará que o 2018 sexa o ano da obra pública en Compostela".
NADAL
Máis lecer de Nadal este sábado coa Festa Apego e coa visita ao Museo Granell
O último sábado do ano 2017 ten como principais atractivos dúas actividades: a Festa Apego e a visita ao Museo Eugenio Granell, enmarcada nos paseos de Nadal polos museos da cidade. O Apalpador rematará mañá o seu percorrido polos centros socioculturais de Compostela.
XUNTA DE GOBERNO
O Executivo local aproba o proxecto de mellora da accesibilidade en Fontiñas
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto das obras de mellora da accesibilidade en Fontiñas, en concreto na rúa Dublín, unha actuación xurdida do proceso de Orzamentos Participativos 2017. Os traballos custarán preto de 75.000 euros, IVE incluído, e terán un prazo de execución de tres meses.
ALCALDÍA
Asinado o convenio coa Deputación para o financiamento da redacción do proxecto da Vía Verde Santiago-Cerceda
O alcalde, Martiño Noriega, participou este venres na firma do acordo de colaboración entre a Deputación da Coruña e os concellos de Santiago, Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda para o financiamento da redacción do proxecto da Vía Verde que unirá eses municipios. O convenio prevé destinar case 40.000 euros aos traballos de redacción, dos que o 80% serán achegados pola Deputación e o 20% restante polos concellos implicados.
XUNTA DE GOBERNO
Comeza o procedemento de contratación das obras de renovación do céspede do campo de Santa Isabel
O Goberno aprobou hoxe, nunha Xunta extraordinaria, o inicio do procedemento de adxudicación das obras de renovación e ampliación do sistema de céspede sintético e do sistema de rego no campo de fútbol municipal de Santa Isabel. A actuación ten un orzamento de case 525.000 euros, IVE incluído.