XUNTA DE GOBERNO
O Concello investirá case 900.000 euros no arranxo de viarios en San Lázaro
A Xunta de Goberno aprobou este luns dous proxectos que permitirán renovar os viarios de acceso tanto ao estadio de fútbol de San Lázaro como ao Palacio de Congresos, e que suporán un investimento de preto de 900.000 euros.
CULTURA
Preto de 400 persoas participarán nunha Cabalgata de Reis chea de maxia e de lendas
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou a Cabalgata de Reis desta edición do Nadal. Case 400 persoas -a metade delas voluntarias- participarán no evento, que desta vez terá como temática a maxia das lendas. A Cabalgata volverá a ser aberta e inclusiva, coa posibilidade de participar como paxes ou como integrantes dos trens e carrozas, dende as que se repartirán 2.000 quilos de caramelos sen gluten.
CONVIVENCIA
A Policía Local realizará controis de alcoholemia durante esta semana
Desde este luns 11 e ata o vindeiro domingo 17 de decembro, a Policía Local de Santiago súmase á campaña especial de control das taxas de alcohol e de drogas na condución. Esta campaña da Dirección Xeral de Tráfico súmase aos controis que periodicamente realiza a Policía Local.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Teatro Principal acolle este martes o Festival de Nadal da Escola Municipal de Música
Este martes 12 de decembro, ás 19:30 horas, o Teatro Principal acolle o Festival de Nadal 2017 da Escola Municipal de Música. Máis de 180 músicos e músicas das diferentes agrupacións da EMM subiranse ao escenario para dar a coñecer o traballo realizado durante os últimos meses. Para a asistencia é necesaria a retirada da correspondente entrada previa petición na Escola Municipal de Música, ata completar o aforo do recinto.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Asociación Veciñal Río Sarela
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse coa Asociación Veciñal Río Sarela, co barrio de San Lourenzo.
ACCIÓN CULTURAL
Danza, ópera e circo na axenda cultural desta semana en Compostela
O xoves, 14 de decembro, a partir das 20:30 horas, a compañía de danza Mal Pelo representará no Teatro Principal o espectáculo O quinto inverno, un poema coreográfico límpido, á vez tenro e potente, construído a partir das palabras do escritor e poeta italiano Erri de Luca.
DEREITO Á VIVENDA
Santiago e outras seis grandes cidades xúntanse para reclamar máis fondos para o Plan de Vivenda
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito a Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, participou hoxe en Madrid nunha reunión co secretario de Estado de Infraestruturas, Transportes e Vivenda, xunto cos edís responsables de vivenda dos concellos de Madrid (José Manuel Calvo), Barcelona (Josep Maria Montaner), Cádiz (Eva Tubío), Valencia (María Oliver), A Coruña (Xiao Varela) e Zaragoza (Pablo Híjar). A xuntanza foi solicitada polos representantes das sete cidades, co obxectivo de presentarlle a Julio Gómez-Pomar as súas...