ALCALDÍA
O grupo Histagra da USC ultima un programa para conmemorar o 80º aniversario do inicio da Guerra Civil española
O alcalde recibiu este xoves ao coordinador do grupo de investigación Historia Agraria e Política do Mundo Rural (Histagra), do Departamento de Historia Contemporánea da USC, Lourenzo Fernández Prieto, e a un dos membros do seu equipo, o investigador Antonio Míguez Macho. O grupo quería presentarlle a Martiño Noriega as actividades que están a organizar para conmemorar, en xullo do ano que vén, o 80º aniversario do comezo da Guerra Civil Española.
ACCIÓN CULTURAL
A Orquestra e o Coro Gaos protagonizan a Gala Lírica da Asociación de Amigos da Ópera
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o presidente da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, Jesús Couceiro; e unha das vocais, María Pardal, presentaron esta mañá na Casa do Concello a Gala Lírica que a Asociación celebra este Nadal. Será o martes 22 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. Nela, poderemos escoitar á Orquestra e ao Coro Gaos, xunto á soprano Mariola Cantarero, o barítono Borja Quiza, e Margarita Guerra ás castañolas,...
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou unha vítima este mércores en Zaragoza.
LINGUA
Sacaúntos, Lila de Lilith e Imaxin, distinguidas no XVI Premio Manuel Beiras
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, Evaristo Rodríguez, deron a coñecer este xoves en rolda de prensa o nome dos gañadores do Premio Manuel Beiras. Sacaúntos Cooperativa Gráfica, a libraría de mulleres Lila de Lilith e Imaxin Software foron as empresas galardoadas nesta décimo sexta edición. A entrega de distincións celebrouse pola tarde na propia Cámara de Comercio.
ALCALDÍA
O alcalde recibe os traballadores e traballadoras xubilados e agradécelles o seu labor pola cidade de Santiago
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi foi o lugar sinalado para que o alcalde, Martiño Noriega, e varios membros, tanto do grupo de Goberno como da oposición, recibiran os 13 traballadores e traballadoras do Concello que se xubilaron neste ano.
BENESTAR ANIMAL
O CIAC acolle dende este venres un mercado solidario do Refuxio de Bando
O Centro de Interpretación Ambiental de Belvís acolle dende este venres a sexta edición do Mercado Solidario de Nadal organizado polo Refuxio de Bando. O obxectivo é achegar información á cidadanía sobre o traballo que realiza a Fundación, e recadar fondos para as instalacións.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu a Asociación de Veciños "A Unión", de Villestro
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse no Pazo de Raxoi coa Asociación de Veciños "A Unión", de Villestro.