ALCALDÍA
O alcalde considera unha "demostración de compromiso coa cidade" o mantemento pola Xunta de Galicia dos 2,3 millóns de euros do Estatuto da Capitalidade
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asinaron en Raxoi o convenio de colaboración para financiar o Estatuto da Capitalidade. A Xunta achega ao Concello 2,3 millóns de euros por este concepto, a mesma cantidade que en 2013.
FESTAS
Vintage Trouble e Novedades Carminha, da man de Son Estrella Galicia, na xornada do mércores 23 das Festas do Apóstolo
Continúa a programación das Festas do Apóstolo e na xornada do mércores día 23 teremos a actuación estelar na praza da Quintana de Vintage Trouble, unha banda norteamericana que chega precedida dun incrible éxito de público e crítica xa dende a súa formación en 2010, grazas precisamente aos seus sensacionais directos e a un estilo único. Novedades Carminha, unha das bandas galegas consolidadas na escena independente española, será a encargada de quentar a noite antes da saída de Vintage...
SEGURIDADE E MOBILIDADE
Seguridade no Apóstolo e recomendacións
O Departamento de Seguridade e Mobilidade pon en coñecemento dos cidadanía as diferentes restricións de seguridade e as recomendacións de seguridade, circulación e estacionamento para os días 24 e 25 de xullo.
TURISMO
Recepción en Raxoi aos participantes no I Curso de Turismo España-Ecuador
As concelleiras Reyes Leis e María José Corral recibiron en Raxoi un grupo de alumnos do último curso de Turismo da Universidade das Forzas Armadas-ESPE de Quito (Ecuador).
EXPOSICIÓN
Inaugurada na Casa da Parra a exposición "Verquidos", de Berta Álvarez Cáccamo
A concelleira de Educación, María José Corral asistiu á inauguración da exposición Verquidos, de Berta Álvarez Cáccamo. O acto estivo presidido polo conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez.