BENESTAR SOCIAL
Continúan os obradoiros de cociña económica do Urbana Santiago Norte
O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-Servizos Sociais está a realizar unha serie de obradoiros no Centro Comunitario Xoán XXIII. Esta iniciativa, encadrada no programa Actíva-T, consiste na posta en marcha de varias sesións formativas con temáticas diferentes. Así, unha das propostas é á elaboración de pratos de cociña económicos. A concelleira de Benestar Social, María Castelao, visitou os 12 participantes neste obradoiro.
EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O programa "O conto viaxeiro" estimulará a creatividade e o emprego do galego entre os escolares composteláns
As concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, presentaron o programa O conto viaxeiro, que se desenvolverá ao longo do mes de maio en varios centros escolares. Tras o éxito da primeira edición, celebrada en varias parroquias, o proxecto permitirá agora aos escolares ir construíndo a súa historia ao longo de dez sesións. Os centros educativos teñen ata o 26 de abril para inscribirse na iniciativa.
CULTURA
"Snakizados, comedia da fin do mundo", en dúas funcións no Teatro Principal
Ancora Producións representa Snakizados o venres 26 e o sábado 27 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. A seguinte cita co ciclo Teatro & Danza será o sábado 4 de maio, á mesma hora, con Villa Puccini (relato nun acto para actriz e soprano), con María Luísa Merlo (actriz) e Emilia Onrrubia (soprano).
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Aberto ata o 26 de abril o prazo para solicitar a colaboración municipal nas festas patronais dos barrios e parroquias
Cando se achega o tempo das festas patronais é momento de continuar co compromiso municipal coas asociacións de veciños. Por iso, a Área de Participación Cidadá retoma a colaboración coas mesmas con motivo das festas populares de barrios e parroquias de Santiago de Compostela, tanto con actividades como cunha axuda para a instalación de carpas.
EDUCACIÓN
A concelleira de Educación coñeceu as instalacións e o traballo da Escola Municipal de Música
A concelleira de Educación, María Castelao, realizou a súa primeira visita á Escola Municipal de Música, acompañada da dirección do centro e de técnicos do seu Departamento.
CULTURA
Función familiar de "Frankenstein", de Teatro dos Ghazafelhos
Que se pode esconder nun escuro castelo perdido nas montañas? Quizais algo que non quere ser descuberto ou, quizais, algo que está a esperar a que o descubran? Frankenstein é unha aventura nas entrañas dun castelo onde dous científicos, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío, investigan se o lendario monstro Frankenstein existe ou non, e para iso cóanse dentro do castelo un día de tormenta e alí atopan a Igor, un estraño personaxe chepudo. Esta función de teatro infantil chega ao Principal o domingo 21 de...
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle unha mostra sobre a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e a Exposición de 1858
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, acompañado do vicepresidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, Francisco Loimil, inaugurou a exposición A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela e a Exposición de 1858, no edificio da Casa do Cabido. Con esta mostra continúa o programa cultural neste emblemático edificio barroco destinado a uso público e xestionado polo Consorcio de Santiago.
ECONOMÍA
Ábrese o prazo de inscrición no curso "Só podes quedar ti. Líderes en loita"
A Concellería de Economía, dentro do programa Santiago Investors Support para fomentar o tecido empresarial e a cultura emprendedora da cidade, organiza o curso Só podes quedar ti. Líderes en loita, dirixido a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial de Santiago, persoas desempregadas e estudantes.