NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Diversión para toda a familia cos Axóuxeres no Centro Sociocultural das Fontiñas
O Centro Sociocultural das Fontiñas acolleu o primeiro encontro teatral dos Axóuxeres 2012, actividade orientada aos máis pequenos que forma parte dun programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Obradoiro de Escrita Creativa en Conxo
Froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega, celebrouse no Centro Sociocultural de Conxo a primeira das sesións do Obradoiro de Escrita Creativa, conducido polo escritor Carlos Negro.
BENESTAR SOCIAL
O I Foro de Familias conmemorou o Día do Dano Cerebral Adquirido
A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asistiu á inauguración do I Foro de Familias con motivo da conmemoración do Día do Dano Cerebral Adquirido (DCA). O evento celebrosue no CIFP Politécnico Monte de Conxo.