ALCALDÍA
O alcalde agarda para antes do verán a autorización ambiental e o proxecto da ampliación da AP-9
Un proxecto fundamental para as comunicacións da cidade, a ampliación do tramo da AP-9 Santiago Norte-Santiago Sur, vai recibir un pulo tras a confirmación de que non será preciso para a obra un estudo de impacto ambiental. Así o indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, que agarda que para antes do verán este concedida a autorización ambiental e redactado o proxecto de execución.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais acollerán vinte charlas e obradoiros afectivo-sexuais
Os centros socioculturais da cidade acollerán un programa de charlas-obradoiro afectivo-sexual durante o 2009, en colaboración co centro Quérote. Serán 20 sesións nas que os interesados poderán participar de balde solicitándoo previamente.
FESTAS
A Concellaría de Festas convida aos composteláns a participar nas actividades e desfiles do Antroido 2009
A Concellaría de Xuventude e Festas está un ano máis ultimando os detalles para os festexos do Antroido, que se desenvolverá entre os días 21 e 25 de febreiro. Algo imprescindible nesta época de troula e disfraces son os grandes desfiles pola cidade, ademais do acompañamentos musicais e outras actividades de lecer.
TURISMO
A Santiago de Compostela Film Commission promociona a cidade como plató de rodaxes na Berlinale
A Santiago de Compostela Film Commission (SCFC), servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como plató de rodaxes, estará presente na Berlinale, que se celebra en Berlín entre o 5 e o 15 de febreiro. A Berlinale é un dos festivais de cine máis importantes do mundo. Turismo aproveitará o evento para presentar a cidade como un lugar idóneo para rodar proxectos audiovisuais.
ALCALDÍA
Unha viaxe pola paisaxe galega do século XX a través da arquitectura
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) abriu na Fundación Torrente Ballestar a exposición Unha viaxe por... 1929-2009, deriva I, do arquitecto Pablo Gallego. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración da mostra.