ALCALDÍA
Especialistas de diversos países debaterán en Santiago sobre a infancia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á presidenta da Asociación Galega para a Docencia e Investigación sobre o Retraso Mental (A.Ga.D.I.R.) e profesora da Facultade de Psicoloxía da USC, María José Buceta. O obxecto deste encontro era falar sobre o Congreso Internacional sobre a Infancia "Avancemos con eles, o mundo da infancia a debate", que se celebrará en Santiago do 30 de abril ao 2 de maio.
ALCALDÍA
O Concello estudará a cesión dun terreo á CEG para a unha nova sede
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontela, plantexoulle ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a necesidade dunha nova sede máis funcional para a entidade. Nunha reunión mantida en Raxoi a petición do primeiro, o alcalde comprometeuse a estudar a posibilidade de ceder un terreo para esa sede.
CULTURA
A Zona "C" expón as fotografías de Sara Fuentes
O mércores 25, ás 20:00 horas, inaugúrase na Zona "C", a exposición 1:10, de Sara Fuentes Cid. A mostra aglutina 14 fotografías de pequeno tamaño en forma de caixas que representan detalles recollidos da arquitectura do espazo expositivo contiguo, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
FESTAS
Vinte e catro comparsas e dez carrozas pasearán pola cidade na tarde do martes de Antroido
O día grande do Antroido xa está aquí. O martes 24 celebrarse o tradicional desfile de Martes de Antroido, coa saída ás rúas das multitudinarias comparsas, das espectaculares carrozas e dos disfraces máis orixinais e elaborados.