TURISMO
Ferran Adrià confirma a súa asistencia ao Fórum Gastronómico Santiago‘08
Quen actualmente é considerado o mellor cociñeiro do mundo, Ferran Adrià, estará presente no Fórum Gastronómico Santiago’08, que se celebrará en Compostela do 16 ao 20 de febreiro.
ALCALDÍA
O Concello ratifica o seu compromiso cos emigrantes a través da Fundación Galicia Emigración
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Benestar Social, Mar Martín, mantiveron un encontro institucional co novo presidente da Fundación Galicia Emigración, Juan Carlos Pérez Santiago.
ALCALDÍA
A cidade romanesa de Sighisoara propón irmandarse con Compostela
O presidente da asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Ion Stan, mantivo un encontro en Raxoi co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. No mesmo propúxolle un irmandamento da nosa cidade con Sighisoara.
UMAD
Os maiores de Volta do Castro vivirán un Día da Paz a ritmo de rap
O mércores 30 de xaneiro, ás 11.00 horas, e con motivo da conmemoración do Día da Paz, un grupo de alumnas e alumnos do IES Eduardo Pondal ofrecerán un recital de poemas, cantados a ritmo de rap, aos maiores da residencia de Volta do Castro. Este acto enmárcase dentro dun programa de convivencia posto en marcha pola UMAD que busca fomentar a convivencia entre xeracións.
INTERVENCIÓN INTEGRAL
O Urbana Santiago Norte recibe o apoio dos diferentes axentes sociais
Toda a documentación do proxecto Urbana Santiago Norte foi entregada polo Concello de Santiago á Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía e Facenda, á espera de ser un dos elexidos para contar cos fondos da iniciativa Urbana. O proxecto, que contempla unha intervención integral na zona norte de Compostela, conta co apoio de todos os axentes sociais da cidade.