FESTAS
Os Reis Magos repartirán 3.000 quilos de caramelos sen glute
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou as actividades previstas para a Cabalgata de Reis. As súas Maxestades chegarán, un Nadal máis e xa van 40, en tren, para logo dirixirse á praza do Obradoiro percorrendo diversas rúas e prazas da cidade.
ALCALDÍA
Compostela contará coa primeira biblioteca pública de Galicia cun sistema de control de fondos por radiofrecuencia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou ao ministro de Cultura, César Antonio Molina, e ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na visita que fixeron ás instalacións da nova Biblioteca Pública de Santiago de Compostela.
CULTURA
Opereta vienesa e parisina na terceira entrega do VII Festival de Zarzuela
Tras o éxito artístico e de público dos dous primeiros concertos, o VII Festival de Zarzuela de Santiago entra no seu tramo final con dous novos concertos. O mércores 3 de xaneiro celébrase, no Teatro Principal, o terceiro concerto deste ciclo que patrocina a Fundación Caixa Galicia e organizan a Concellaría de Cultura e a Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza.