REHABILITACIÓN

Presentado aos veciños o Plan de Rehabilitación na Pontepedriña

07/06/2006

Os veciños das vivendas do Grupo Compostela e Cardenal Quiroga tiveron na tarde de onte a oportunidade de coñecer os detalles do Plan de rehabilitación integral que xa se presentou na Consellería de Vivenda e Solo e no Ministerio de Vivenda. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o técnico da entidade que realizou o estudo explicaron o proxecto e atenderon as preguntas dos propietarios das vivendas que serán rehabilitadas.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Santiago e Cabo Verde achegan as súas voces para promover a igualdade de xéneros

07/06/2006

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade inicia no mes de xuño unha campaña de sensibilización arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. A campaña arrincará en Santiago o 8 de xuño, co terceiro Obxectivo: "Promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller", que será exposto e analizado nunha conferencia.

Ler máis
Compartir: