MEDIO AMBIENTE

Compostela recolle o premio ISR 2006 á sostibilidade

28/06/2006

A concelleira de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano recolleu en Castellón o Premio ISR 2006, que recoñece os resultados obtidos pola cidade en materia de sostibilidade. O xurado deste galardón, outorgado polo Instituto para a Sostibilidade de Recursos (ISR) valorou por unanimidade o conxunto de actuacións postas en marcha polo Concello nos ámbitos económico, social, ambiental e cultural.

Ler máis

FESTAS

Maceo Parker traerá o mellor funk á Quintana

28/06/2006

A Praza da Quintana acollerá o 26 de xullo o único concerto en Galicia do saxofonista Maceo Parker. O prestixioso músico de Carolina do Norte vén acompañadao de toda a súa banda e promete un intenso e extenso concerto. En Santiago soarán os temas do seu último e décimo álbum en solitario, "School’s in!" e outros da súa ampla e refutada traxectoria.

Ler máis

DEPORTES

O Consello Municipal de Deportes incorpora novos membros

28/06/2006

Na tarde do martes 27 celebrouse no Salón de Plenos do Concello unha xuntanza do Consello Municipal de Deportes. Entre outros puntos, aprobouse a incorporación de dous novos membros ao organismo en representación da Universidade de Santiago e da Dirección de Deportes da Xunta: Elías J. Torres Feijó, vicerreitor de Extensión Cultural, e Henrique Rodríguez Pantín, xefe provincial de Deportes da Consellería de Cultura e Deporte na Coruña, respectivamente.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Bibliopiscina instaura a lectura e o lecer nas piscinas de Sar

28/06/2006

Por terceiro ano, os Centros Socioculturais levan a súa Bibliopiscina ao complexo deportivo Fontes do Sar. Unha completa selección de libros, cómic, xogos e pasatempos para contribuír ao lecer dos composteláns que se acheguen ás piscinas durante o verán.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA E TURISMO

Nace unha nova guía do comercio e das tendencias da cidade

28/06/2006

"SantiaGO!" é o título dunha nova publicación que pretende ser unha guía do comercio e do estilo de vida na cidade. A iniciativa foi posta en marcha por dúas emprendedoras, Rosa Rodríguez e Raquel Peláez, coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica e co patrocinio de Turismo de Santiago.

Ler máis

FUNDACIÓN GRANELL

"Pensar en pedra": exposición de escultura ao aire libre na terraza do Pazo de Bendaña

28/06/2006

O xoves 29 de xuño, ás 20:00 horas, inaugúrase a exposición colectiva Pensar en Pedra, que amosará o traballo escultórico do alumnado da Escola de Canteiros de Pontevedra. A mostra estará complementada pola obra fotográfica que, sobre o traballo da pedra en Galiza, foi realizado pola fotografa Conchi Rodríguez. As obras escultóricas poderanse contemplar no Pazo de Bendaña ata o 4 de setembro.

Ler máis

TRANSPORTE

TUSSA instala dez novas marquesiñas no rural

28/06/2006

Unha vez asinado o convenio que estabelece a posta en marcha do Plan de Transporte Comarcal de Santiago, unha das primeiras medidas será a instalación de dez novas marquesiñas na cidade. As localizacións elixidas están na estrada xeral das zonas de Santa Lucía, Roxos, Sigüeiro e Marantes.

Ler máis
Compartir: