TRANSPORTES

O transporte urbano, alternativa aos problemas das emisións de gases

05/05/2006

A integración medioambiental das poíticas futuras de transporte centrou a primeira xeira das Xornadas Técnicas sobre Transporte Urbano, que se celebran no Auditorio de Galicia. Nas sesións constatouse a contradición que supoñen as esixencias medioambientais do protocolo de Kioto co crecente uso do automóbil privado e as súa emisións, malia o incremento dos prezos do petróleo.

Ler máis

PARQUES E XARDÍNS

Santiago estreará un novidoso parque infantil de integración

05/05/2006

Santiago contará a partir do martes 23 de maio, ás 19:00 horas, cun singular parque infantil, adaptado plenamente para o acceso dos nenos con diminucións físicas. O Parque da Constitución convértese no terceiro destas características co que contará a cidade, e únese aos da Alameda e de Fontiñas. O Concello investiu neste parque un total de 102.000 euros.

Ler máis

CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Chega o "Festival de Ritmos do Mundo"

05/05/2006

"Move’m Cult & Danza, festival dos ritmos do mundo" trae a Santiago un espazo de divulgación de diversas cultura a través do movemento, da música e da arte. Este singular evento pretende implicar ós composteláns grazas a un completo programa de actividades a desenvolver en lugares coma o Teatro Principal, os centros socioculturais ou as propias rúas e prazas.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo e Jean Nouvel presentan o proxecto da Finca do Espiño

05/05/2006

O arquitecto Jean Nouvel e o alcalde de Santiago presentaron en rolda de prensa o proxecto de acondicionamento da Finca do Espiño como parque público e de rehabilitación do seu palacete. Esta actuación permitirá recuperar para o goce dos composteláns unha superficie verde de 18.000 metros cadrados e un edificio con máis de cen anos de historia.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Unha exposición conmemora o 250 aniversario do nacemento de Mozart

05/05/2006

Cúmprense 250 anos do nacemento de Mozart e o Concello de Santiago tamén o conmemora coa exposición "Mozart e o mundo da música". A mostra, organizada polo Departamento de Centros Socioculturais e a Editorial Everest, estará no Centro Sociocultural das Fontiñas do 5 ata o 30 de maio.

Ler máis
Compartir: