CENTROS SOCIOCULTURAIS

Santiago contará cun novo centro sociocultural no edificio de Caixa Galicia de Frei Rosendo Salvado

31/05/2006

O Concello de Santiago, Caixa Galicia e a Deputación da Coruña asinaron un convenio de colaboración para a cesión ao concello da xestión e o uso de dependencias do local situado en Frei Rosendo Salvado, 14-16, destinado a Centro Sociocultural e Xuvenil. Con este convenio, o Concello entra na xestión do edificio, integrándoo na Rede de Centros Socioculturais de Santiago.

Ler máis

CULTURA

A Real Filharmonía interpreta a Falla

31/05/2006

Malia que aínda faltan dous dos máis interesantes programas para rematar a presente campaña da Real Filharmonía de Galicia, o venres 2 de xuño o seu director titular, Antoni Ros Marbà, dirixe o que será o seu derradeiro concerto da tempada. Faino cun programa que inclúe como peza fundamental a versión íntegra do ballet "El sombrero de tres picos", de Manuel de Falla.

Ler máis
Compartir: