EMIGRACIÓN

Sánchez Bugallo reúnese cos santiagueses de Montevideo

03/05/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, continúa coa súa viaxe institucional por Arxentina e Uruguai. Na súa primeira xornada en terras uruguayas, asinou un convenio coa Fundación Ramón Rubial "Españois no mundo" para a realización dun censo dos 700 santiagueses residentes neste país. Sánchez Bugallo tamén se reuniu cos santiagueses residentes en Montevideo e que se achegaron á sede do Centro Galego.

Ler máis

CULTURA

Teatro, danza e música na programación cultural do mes de maio

03/05/2006

O teatro será unha das actividades máis destacadas da actividade cultural de Santiago do mes de maio, segundo adiantou o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, na presentación da programación para as vindeiras semanas. Entre outras representacións e dentro do convenio coa Fundación Caixanova, o escenario do Auditorio de Galicia acollerá o 20 de maio 84 Charing Cross Road, dirixida por Isabel Coixet e que conta no seu elenco con Carme Elías, Josep Minguell e, Mercedes Sampietro.

Ler máis

TRANSPORTE

O transporte urbano do 2020, a debate en Santiago

03/05/2006

Expertos internacionais e nacionais debaterán en Santiago sobre o futuro do transporte colectivo nas Xornadas Técnicas sobre Transporte Urbano, que se celebran no Auditorio de Galicia os días 4 e 5 de maio. Asuntos coma o futuro das cidades, as esixencias dos clientes e cidadáns, a oferta tecnolóxica a implantar ou o marco legal e financeiro do sistema de transportes, centrarán o debate.

Ler máis

DEPORTES

O Concurso de Fotografía Deportiva chega á súa décima edición

03/05/2006

O Concello de Santiago de Compostela convoca o X Concurso de Fotografía Deportiva, que este ano premiará ó gañador cun premio en metálico de 900 euros. O concelleiro de Deportes, Manuel Portas, presentou esta nova edición do certame, ó que se presentarán fotografías con temas deportivos ou relacionados con calquera faceta ou práctica deportiva, non necesariamente competitiva.

Ler máis

RELACIÓNS VECIÑAIS

Novos cursos para as entidades veciñais

03/05/2006

A Concellaría de Relacións Veciñais programa unha serie de cursos formativos dirixidos ás asociacións de veciños de Santiago. A asociación sen ánimo de lucro Turmalina encargarase de impartir estas sesións formativas, que se desenvolverán nos centros veciñais.

Ler máis

EDUCACIÓN

O IES de Sar gaña o XI Certame de Teatro Intercentros

03/05/2006

A obra "A derradeira promesa", representada polo Insituto de Ensino Secundario de Sar foi a gañadora do XI Certame de Teatro Intercentros de Compostela e comarca. Os rapaces deste centro terán a oportunidade de representar a súa obra no Teatro Principal o luns 8 de maio ás 20:00 horas.

Ler máis

SERVIZOS

O portal web municipal ofrecerá novos servizos ós cidadáns

03/05/2006

Unha nova aplicación informática permitirá en breve a publicación de novos servizos a través da carpeta cidadá do portal web do Concello. Deste xeito, darase un paso máis cara a conseguir unha oficina de atención virtual cada vez máis completa e con maiores facilidades para o usuario.

Ler máis

EDUCACIÓN

O Teatro Principal acolle o I Certame de Danza Intercentros

03/05/2006

A danza é a protagonista do I Certame de Danza Intercentros de Compostela, que se celebrará o sábado 6 de maio, ás 18:00 horas, no Teatro Principal. Nesta iniciativa participan cinco centros composteláns, que representarán diversas coreografías clásicas e modernas.

Ler máis

EDUCACIÓN E MOCIDADE

Dous concertos da Real Filharmonía de Galicia poñen o broche final ao ciclo de Concertos Didácticos

03/05/2006

O ciclo Concertos Didácticos que o Auditorio de Galicia ofrece aos escolares en colaboración cos centros educativos, finaliza con dous concertos da orquestra Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave, interpretando a Historia de Babar de F. Poulenc, con Blanca Cendán como narradora. Os concertos terán lugar os vindeiros xoves, 4 e venres, 5 en sesión dobre, ás 10:00 e ás 12:00 h. Ás sesións deste espectáculo asistirán catro mil escolares, procedentes de centros de Santiago de Compostela,...

Ler máis
Compartir: