TRANSPORTES

O Concello solicita a integración de dúas concesións de transporte na rede urbana

29/05/2006

O Concello de Santiago solicitará á Dirección Xeral de Transportes a declaración de caducidade de dúas concesións de transporte interurbano e a súa integración na rede de transporte urbano. Esta medida afectará ás liñas 1 (Polígono do Tambre-Hospital Clínico) e 6 (San Lázaro-Os Tilos). A finalidade desta medida é garantir a prestación do servizo baixo a tutela municipal e sen a necesidade do amparo dun título concesional autonómico.

Ler máis

FUNDACIÓN GRANELL

A Fundación Eugenio Granell abre o ciclo "Xoves poéticas surrealistas"

29/05/2006

A Fundación Eugenio Granell inaugura outro espazo cunha programación propia: o ciclo "Xoves poéticas surrealistas". Desenvolverase na actual sala de conferencias e está orientado a aqueles/as xoves creadores/as que utilicen como eixo fundamental da súa obra procedementos e técnicas do corpus estético surrealista.

Ler máis

FESTAS

A multitudinaria participación cidadá foi a gran protagonista das Festas da Ascensión

29/05/2006

As Festas da Ascensión remataron deixando a todos os que participaron nelas e aos organizadores un balance moi positivo. A pesar de ser unha festa pensada para os composteláns foron moitos os cidadáns doutras cidades que se acercaron ata Santiago durante estes días para participar desta festividade. Un programa pensado para todas as idades que conseguiu chamar a atención de nenos, mozos e maiores. Nas festas infantís, no Día da Muiñera, nos concertos ou na Festa dos Maiores, a resposta do público foi espectacular, con asistencias...

Ler máis
Compartir: