EDUCACIÓN

O futuro da formación profesional debátese en Santiago

11/05/2006

O alcalde compostelán participou na inauguración do I Congreso Internacional de Formación Profesional, que se celebra no Palacio de Congresos ata o 12 de maio. Sánchez Bugallo acompañou neste acto ó presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e aos conselleiros de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e de Traballo, Ricardo Varela.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

O Concello favorece a inserción social do pobo xitano

11/05/2006

Os servizos sociais do Concello están a traballar en varios proxectos de intervención social integral para a atención, prevención da marxinación e inserción do pobo xitano. Estes programas foron presentados pola concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira e por dúas traballadoras sociais, Inma Peleteiro e Sandra Ferreño.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago edita dúas publicacións sobre cultura e lecer

11/05/2006

A "Axenda Cultural de Santiago de Compostela 2006", de aparición anual, e o folleto mensual "Culturall"-que leva xa dous números- informan a visitantes, cidadáns e profesionais do turismo sobre os eventos culturais e as opcións para o tempo de lecer que poden atopar na cidade.

Ler máis
Compartir: